venres, 23 de outubro de 2020

Comezamos a viaxe

 Chegou o momento de encher a maleta e comezar a viaxar!

Isto foi unha frase que dixen na clase e vín caras de sorpresa... ata que algún soltou:

- "e imos voltar para durmir na casa?" 

- jajaja. Tranquiiiilos, o Covid non nos permite viaxar peeeero aínda temos a imaxinación para poder volar e os libros, contos, debuxos, ordenador... para aprender moitas cousas novas.

Asi que antes de poñernos a viaxar polo mundo pois aprendimos algunha cousiña sobre él; cómo se creou, qué forma ten a Terra, que está formada por moita auga e que tamén ten continentes.




Buscamos a Padrón no globo terráqueo e a encargada do día marcou co dedo o próximo continente (Norte América) ao que imos viaxar para coñecer aos Indios!!





                                              




  E mirade que ben porque esta semana en Ioga fixeron o saúdo ao Sol (Surya Namaskar) para cargarse de enerxía ao mesmo tempo que estiramos e flexibilizamos os músculos do corpo.















  Pero tamén tivemos tempo de observar seres vivos que veñen visitarnos ó noso cole; será un paxaro, será un avión?...





Pois non, é unha miñoca!  Aproveitamos para falarlles de que aínda que o seu tamaño é pequeno pois axudan a coidar a terra xa que fai buratiños e entra o aire, que tamén a empregamos para pescar... 

Pasaron case todo o tempo do recreo mirando para ela ata que "a liberamos" o que non sei é se lle quedaron ganas de volver facernos unha visita...😂😂


E xa por último decirvos que estamos preparándonos para a próxima semana aprendendo cancións coa profe Paula, comentando de qué nos imos disfrazar o venres, sobre as cabazas e facer algo que nos encanta, pintar as mans.

Qué será, será??  



 (Equipo verde)


martes, 20 de outubro de 2020

SAMAÍN

     Queda pouco para o SAMAÍN e polo que falamos en clase creo que algún xa sabe que lle vai facer a súa cabaza asi que papis e mamis, avós/avoas, tíos/as... preparádevos! 😂😂😂    



Merendas dos Superheroes e superheroinas

   Hoxe quero compartir con vós outra rutina da aula na que aproveitamos para traballar a importacia de tomar froita, lácteos, froitos secos... e das vitaminas que nos aportan. Todos os días comentamos do seu valor e de que son tan necesarias para os ósos, músculos, para o cerebro, evitar enfermidades etc. En definitiva, para estar sans e como eles din: "Para medrar moito e ser moi maiores" 

Comparto con vós algunhas fotos na que os sorrisos o din todo...








 

  Pero despois dunha boa merenda tamén é necesario un pequeno descanso. Uns días poñemos música clásica e outras veces coma hoxe música da natureza; con ela queremos que se relaxen pero que tamén concentren a atención nos sons que escoitan aillando outros                               ruídos  que poden chegar do cole.                                                                                      
Son 5 minutiños para repoñer forzas para rematar a xornada e non imos mentir en que hai algún/ha que gustaríalle que este tempo se alongara un pouco máis 😄😄 
 

 








xoves, 15 de outubro de 2020

Comezamos co Ioga

   Na xornada de onte fixemos moitas actividades pero houbo unha na que notei que tiñan mooooitas ganas: O IOGA!!

Para poder sacarlle o máximo partido facemos dous grupos: primeiro vai un coa mestra Teté mentres o outro grupo queda comigo realizando tarefas escritas e logo facemos o cambio. Isto permítenos que ao ser grupos máis pequenos podemos atendelos mellor individualmente, manter as distancias, corrixir posturas, reforzar coñecementos... Todas son vantaxes.

Cóntovos un pouquiño cómo o realizan: ao chegar á aula de psicomotricidade desinfectan as mans e quítanse o mandilón e o calzado e cada un colócase na súa esterilla individual para comezar co estiramento dos músculos de todo o corpo e máis iniciarse na calma e na concentración do corpo.

A verdade é que fixérono estupendo, comprobádeo vós mesmos...









Nesta sesión fixeron a postura do peixe (Matsya- asana) no que estírase a espalda, brazos, pescozo... o que permite correxir a postura corporal, aumenta a capacidade pulmonar... ademáis de axudar a aliviar tensións e ser relaxante.








A postura esixía una paso máis que foi colocar ben a cabeza e o pescozo; con moita suavidade e axudandolles un a un para non mancarse. 










Para rematar, vanse calzando, póñense o mandilón e o abotonan mentres a profe desinfectan as esterillas. 
Así  volvemos ó aula coas pilas ben postas!





martes, 13 de outubro de 2020

O Mundo dos números

 O MUNDO DOS NÚMEROS

  Se hai algo que lles encanta aos nosos superheroes e superheroinas son os números e  son moitos os momentos da aula que aproveitamos para contar elementos:

- como os compañeiros que viñeron ó cole e os que quedaron en casa, o día no que estamos, as letras do noso nome...




cando temos material novo o clasificamos e logo tamén o contamos cada grupo para poder repartilo...







E cos facemos sumas (4 e 4, e se lle poñemos outros 4?)





- e entre moitas outras actividades tamén saltamos na nosa alfombra dos números. É algo que lles encanta e nas que se lle notou melloría no seu manexo xa que antes poñíanse a saltar e non decían os números. Agora van pouco a pouco, fixándose no número e dicíndo en voz alta.





E os de 5 anos o fan cara diante e tamén ó revés... 




   Ademáis do conteo tamén afianzamos as grafías e a súa orden: cal vai antes, cal despois... sempre tendo en conta a idade do grupo. Ao principio de curso non comprendían por qué uns facían unhas tarefas e o equipo morado outras pero agora xa están adaptados e son eles mesmos en que preguntan: e para os de 4? e qué van facer os de 5? Outra ocasión para traballar a importancia dos números na nosa vida diaria 😊😊











venres, 9 de outubro de 2020

YOGA


Hola familias!!
A partir del miércoles 14 regresamos a las clases de yoga así que, una vez más, contamos con vuestra colaboración para que traigan ropa y calzado cómodo. 
Buen fin de semana




 

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...