martes, 6 de outubro de 2020

Novidades da semana

   


   Hoxe temos moitas cousas novas que contaros aínda que espero que pouquiño a pouco sexan eles os que vaian contando todo o que sucede no cole. A min xa me dixeron: "profeee, una foto para poner en la guarida secreta" jajajjaja. 

Cóntovos... Xa estamos usando as nosas bolsas do perchero para así gardar dentro a chaqueta e máis a bolsiña da merenda; con elas evitamos andar tocando as cousas dos compañeiros. A verdade é que colléronlle moi pronto o "tranquillo" e xa gardan eles sós as cousas fomentando así a autonomía. Certo é que, ás veces, complícase a tarefa pero cunha pequena axuda todo vai ben. 


Pero tamén imos incorporando cousiñas novas para dentro da aula; unhas supercolchonetas de cada cor e que cada equipo ten para sentarse na asamblea ou escoitar contos, para o xogo... Así non temos ques estar tanto tempo sentados nas cadeiras e permítenos tirarnos no chan sen perigo de que nos colla o frío.

Eles encantados de darlle uso e como son lixeiras son  os responsables de levalos dun lado para outro dependendo da actividade que realicemos.






   E agora unha actividade que realizamos xusto hoxe e da que estaban entusiasmados. Poñémonos en situación poñendo esta canción...


https://youtu.be/WU__Y_XPgkM


Nesta ocasión a bailamos para queimar enerxías xa que hai días en que a chuvia non nos permite sair ao patio asi que hai que moverse para logo estar máis concentrados. Como eu tamén botei unha baila  as fotos sairon todas movidas, salvouse só unha... pero xa vos faredes unha idea do ben que o pasaron.




Despois dunha volta á calma seguimos poñendo en práctica as nosas destrezas copiando nos mesmos as follas das árbores. Cómo? pois mirade que superchic@s...





 Aproveitando o proxector e a pizarra blanca pegamos o folio e listo! Ademáis xurdeu un problema... a sombra non nos deixaba repasar peeeeero buscamos a solución movendo o corpo: uns baixaban, outros poñíanse de rodillas, de lado... cada un experiementaba a mellor postura.









XENIAL!!!!
E por último darlle o noso toque persoal...





















E con todo isto o deixamos ata a próxima!!
Aburiño 👩


Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...