martes, 16 de marzo de 2021

Aniversario de Noa

 

Na Guarida Secreda hoxe tivemos celebración do cumple de Noa e non podía estar máis
contenta por ter xa os 5 anos! 
Como ven sendo habitual este curso pois cantámoslle o "Cumpreanos Feliz" e soplou a candea para logo posar co mellor dos sorrisos.




Entre todos fixemos a "Roda dos Agasallos" para dicirlle todo aquelo que nos gusta dela:
- Eres moi bonitiña
- Gústanme os mandilóns que tes
- Pásoo moi ben contigo no patio
- Gústame xogar contigo e que sexas a miña amiga
- Fas moi ben os traballos
- Tes unha medias azuis moi chulas...




E como colofón final Noa escolleu a canción de "Cumpleanos Feliz" da marchosa de Luli Pampín!!

                                      



                    Esperamos que tiveras un bonito día e desfrutaras do teu cumple!!

                                                  

                                                  

Ademáis hoxe remataba a cuarentena do agasallo que trouxo Icía para a clase;  estabamos desexando abrilo e descubrir de que se trataba! E qué menuda sorpresa!!! Un conto sobre África e todo o que estamos aprender estos días no cole: a sabana.


Polo medio das páxinas van aparecendo botóns co son do animal que vai aparecendo na lectura e o que o fai moito máis interesante e motivador; o certo é que nas primeiras páxinas non nos funcionaba pero axiña improvisamos e decidimos que cando a mestra tocara o botón, eles farían o son... Todo ía estupendamente ata que apareceu o león e eles tanto ruxiron e ruxiron que nese momento o conto comezou a funcionar... como algunha nena dixo: "ao mellor asustouse e por iso agora funciona" 😂😂😂

Fora o que fora o conto encantounos e o gardaremos na Biblioteca de Aula para seguir disfrutando del. Moítisimas grazas Icía!



Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...