xoves, 24 de setembro de 2020

A importancia do equipo



    Hoxe volvemos publicar e o facemos cunha actividade realizada fai uns días... a ver si así vou actualizando jeje.

   Todos sabemos a importancia de cooperar e máis nos tempos que estamos a vivir pero é unha palabra difícil de explicar a nenos/as destas idades aínda que se lles dicimos que hai que axudar, colaborar, estar pendentes dos demáis... pois a verdade é que son os primeiros en arrimar o ombreiro!!

Todo o iremos traballando ao longo do curso polo que puxémonos mans á obra e vimos un video "The tree" (A árbore) co que resaltamos a importancia de que, se traballamos en equipo, conseguiremos resolver moitos dos problemas.

   Gustoulles tanto que non facían máis que pedir que o volvera poñer asi que aquí o tedes para para que o vexades xuntos.



   Despois fixemos uns bonitos debuxos sobre o que vimos e cómo nos fixo sentir; por equipos estables conversaron sobre qué ía debuxar o 1º, o 2º... facendo así un conxunto e non debuxos que non tiveran relación uns cos outros.

   Foi unha experiencia chulísima e eles encantados de traballar co seu equipo. Para mostra un botón ou mellor dito unhas fotos...

Ata pronto!















Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...