martes, 22 de xuño de 2021

FUNKY FIESTA!!

   Este martes celebramos xa o fin de curso! Imos preparar as bolsas cos traballiños, coas notas, desfrutaremos da revista do trimestre, posaremos para facer fotos, gozaremos dunha merenda rica e darémoslle un ambiente festivalero a este día cun video no que participan todos o alumnado de Infantil.
Todo un traballo en equipo e no que a frase de "querer é poder" da como resultado este divertido e alegre actuación.
Hoxe vímolo en clase dúas veces; na primeira quedaban mirando para a pantalla identificando o momento no que saían eles, os compañeiros de aula ou de outras clases. Xa na segunda animáronse máis a mover o corpo e dar un aplauso final.
Seguro que volveremos a visionalo máis veces antes de marchar pero agora tócavos a vos desfrutalo dende casa... que empece a función!!!


4 comentarios:

  1. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏🎉🎊🎉🎊🎉🎉
    Ohhh, grazas, encántanos🤩🤩🤩🥰🥰

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñasss!! non podiamos pechar o curso sen facer un baile como se fose o festival. Doutra maneira pero sen perder o ánimo nen as ganas. E ademáis en equipo! 💕

      Eliminar
  2. Chulisimoooo esta genial!!!! 👏👏👏👏😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Qué ben que vos guste e o disfrutedes porque disfrutaron moito gravando e logo véndose na pantalla grande. 😍

      Eliminar

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...