venres, 28 de maio de 2021

Aniversario de Hugo e máis Ioga

   Pois outra pequena festa na Guarida Secreta para festexar os 5 anos de Hugo!

Xa polo corredor notábaselle que estaba emocionado e con moitas ganas de celebralo con todos nós, hai que ver cómo lles gusta cumplir anos e a festa tamén, claro.

Despois de poñerlle a coroa, cantarlle, soplar a candea tocoulle a quenda a darlle tamén uns tironciños de orellas (ca de propina e coa de regalo incluídas). 




A continuación os compañeiros comezaron a darlle os seus agasallos dicíndolle cousas tan bonitas como:
- eres moi bó compañeiro
- quérote moito
- gústame moito as túas zapatillas e o madilón
- gústame cando xogamos ó pilla- pilla
- eres moi lindo
- fas moi ben as fichas e esfórzaste moito. Segue así!
- pásoo moi ben cando xogamos xuntos
- traballas moi ben...






E xa para finalizar escolleu a canción de "Luli Pampín" (que éxito ten!) para mover o esquelete e como non, levou para a casa a súa tarxeta de cumpleanos asinada polos compañeiros.








Esperamos que o pasaras moi ben e que desfrutaras deste día tan especial!

Aproveitando o bó tempo que fai estos días fixeron Ioga ó aire libre; hai que aproveitar ó máximo para facer actividades no exterior e encher os pulmóns de aire puro. 
Qué gustiño da velos a todos!













Por último por hoxe comentarvos que hoxe marcharon os últimos hóspedes que quedaban no hotel; estábamos encantados de telos con nós pero entendemos que son máis felices vivindo libres no campo. Pero polo que vin hoxe no patio e o que estiveron argallando de facer na fin de semana imaxínome que o luns teremos algún novo... 
Aquí temos a Ainara e Triana na despedida dos grilos, escarabellos e bicho bola.






Que teñades boa finde!!




 



 

















Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...