sábado, 24 de abril de 2021

Semana do Libro

   Durante esta semana estivemos inmersos no mundo marabilloso da literatura infantil xa que celebramos a Semana do Libro; son moitos os momentos do día no que os contos están presentes pero esta semana aínda foi máis especial.






Ademáis coincidiu coa 2ª entrega da revista na que encántalles ver tanto aos compañeiros das outras clases, ás mestras e como non, a si mesmos












 
E como encántanos ter sorpresas pois o venres atopamos un agasallo na aula e non había dúbidas do seu contidos, un conto moi bonito e cheo de emocións titulado: "Bágoas debaixo da cama". 
Graciñas María e Noa!! 



Para rematar coloreamos unha rosa vermella e cada un escolleu ou ben o seu conto favorito, o que máis lle gustaba ou o que estaba desexando que o léramos na clase...
Déixovos aquí o vídeo para que o vexades.



BOA FINDE!!



Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...