mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía de Castro

   Hoxe 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro asi que na "Guarida Secreta" realizamos diferentes actividades para celebralo.
Dende a Biblioteca do Centro animáronos para recitar un dos seus poemas e xa que imos comezar a plantar algunha froita e verdura pois escollimos o de "A horta". 
Aquí o tendes o enlace



Dende o blogue da Biblio podedes ver ao resto de compañeiros de Infantil e de Primaria; da gusto velos!

Aproveitamos para coñecer cousiñas sobre ela como ónde viviu (algún xa me comentou que pasara por diante da súa casa 👏👏), que lle gustaba moito as flores e a natureza... e despois de saber que foi moi valiente por ser unha muller poetisa no seu tempo e que quixo moito, moito a súa Lingua decidimos convertila nunha superheroina!!!




















Logo para a merenda dende a Fundación Rosalía enviaron uns manteis co poema "Caldo de Gloria" asi que hoxe merendaron facendo un bó uso deles. Primeiro saboreando o almorzo...







E logo decorándoo...









E para rematar a xornada dende o Concello enviaron para cada neno/a un conto dos Bolechas para que sigan coñecendo máis cousas de Rosalía. Como non, encantados cos seu agasallo!!






E ata aquí a celebración do Cumple da nosa poetisa. 



Despedímonos cunha canción de Uxía coa que pedían unha e outra vez escoitala 💗













sábado, 13 de febreiro de 2021

Entroido!✨🎊🎉

   Durante esta semana estivemos inmersos no ambiente do Entroido e que culminou coa celebración do venres no que lucimos disfraces, posamos, fixemos desfile para os nosos compis de aula, bailamos, xogamos, repuxemos enerxías coa merendola, brincamos, correteamos... pero máis que nada desfrutamos a moreas e botamos moitas risas.

Son moitos os momentos e imaxes asi que resuminos neste video para que vós tamén sexades partícipes deste día e quede de recordo.


E aquí podedes ver fotos de cada un deles para ver o guapísimos que viñan; graciñas familias!!



















Por último uns gifs para que pasedes un ratiño divertido.



















Pero non creades que só o pasaron ben os pequenos, sei dalgunhas que o desfrutaron tamén moito! 😂😂🙊🙊🙊 


Vémonos o xoves!






Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...