luns, 31 de maio de 2021

Farolillos chinos


A nosa viaxe por China está rematando e queriamos compartir con vós unha actividade que levounos varios días rematala pero coa que estamos moi contentos polo esforzo e por suposto co resultado; 
Os farolillos chinos! 

Primeiro tivemos que repasar a forma circular nun folio;facíannos falta nada máis e nada menos que 12 asi que os repartimos en varias sesións para non cansarnos nin desmotivarnos.   Ademáis só había un círculo para o equipo asi que había que esperar quenda.







Logo había que desenvolver a creatividade e colorear cada círculo libremente.




E o terceiro paso recortar tanto os círculos como os flecos.
















E xa por útlimo coller os círculos e pegalos na cartulina tendo que doblados pola metade e colocando un pegadiño ó outro.




Xa rematados quixemos representar a Festa dos Farolillos asi que diseñamos unha pagoda e puxémoslle moita cor.








Por fin hoxe puidemos desfrutar do resultado e lucir así de bonitos!




















Mañán comezamos nova viaxe por unha zona que vainos encantar: a selva amazónica. Estou segura de que seguiremos aprendendo un montón de cousas interesantes.



 

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...