xoves, 21 de xaneiro de 2021

O mundo das letras

   Unha das primeiras entradas deste blogue estaba relacionado co mundo dos números e agora tócalle a quenda a outro aspectos que traballamos toooodos os días na aula... as letras! 

E  é que miremos a ónde miremos sempre atopampos unha letra, unha palabra, algo que ten forma de letra, en carteis, nos envases das merendas, nos contos...estamos rodeados delas! 

Pero ademáis é un mundo dos que máis lles gusta aos peques asi que aproveitámolo para sacarlle o máximo partido a través de actividades como identificalas, escribir as grafías, fixarse en cómo colocamos a boca e lingua ao pronuncialas, o seu son... 

E como estamos traballando os inuits e temos moita imaxinación pois nestes días pescamos as letras que nos ían dicindo a mestra e dicindo outras palabras que empezaran igual. 








 
Todo o abecedario o foron coloreando día a día eles mesmos xa que insistimos moito en que é mellor facer as cousas con calma e ben. Logo plastificámolo e o colgamos na parede para seguir a empregalo e darlle uso, aparte de decorar outro rinconciño da nosa guarida.  


E como pasa moitas veces, estes traballos refléxanse logo nos momentos de xogo libre organizándose eles sós para facer as mesmas tarefas con outros materiais. 





Como vedes hai moitas maneiras de acercarse a lectoescritura asi que seguiremos aprendendo deste mundo que tanto nos gusta!












 



     

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...