Na xornada de onte fixemos moitas actividades pero houbo unha na que notei que tiñan mooooitas ganas: O IOGA!!
Para poder sacarlle o máximo partido facemos dous grupos: primeiro vai un coa mestra Teté mentres o outro grupo queda comigo realizando tarefas escritas e logo facemos o cambio. Isto permítenos que ao ser grupos máis pequenos podemos atendelos mellor individualmente, manter as distancias, corrixir posturas, reforzar coñecementos... Todas son vantaxes.
Cóntovos un pouquiño cómo o realizan: ao chegar á aula de psicomotricidade desinfectan as mans e quítanse o mandilón e o calzado e cada un colócase na súa esterilla individual para comezar co estiramento dos músculos de todo o corpo e máis iniciarse na calma e na concentración do corpo.
A verdade é que fixérono estupendo, comprobádeo vós mesmos...
👏👏👏👏👏 Icía tiña un montón de ganas de facer ioga cos seus compañeiros, o día anterior deixou o chándal preparado explicándonos que tiña ioga o día seguinte 😅😅.
ResponderEliminarSon uns auténticos iogistas, encantame velos, grazas Eva por compartir con nos estos momentos na aula🥰🥰🥰
jajaja. Iso sí que son ganas de Ioga! Que ben que o disfruten tanto. Saudiños Lidia 😊
ResponderEliminar