luns, 30 de novembro de 2020

Atrapasonos

    Hoxe rematamos a nosa viaxe por terras dos Indios cos que aprendimos un montón de cousas e non se nos ocorreu mellor maneira que facelo cun amuleto típico deles como é un atrapasonos! Aquí tendes o resultado de cómo nos quedaron...

Sabemos que con eles os sonos bonitos van poder pasar e aqueles que son feos (os pesadelos) van quedar atrapados nas redes. 

Pero para que quedaran así de bonitos houbo moito traballo coa motricidade fina, o conteo, a creatividade, o deseño. Asi que imos por partes e explicar que o primeiro que tivemos que facer foi escoller a cor e coller o pincel para cubrilo todo. 














E o seguinte paso foi coller unha agulla e lá e poñernos a coser. Sí, sí a coseeer!!! Isto levounos máis traballo xa que tiñamos que pasar a agulla seguindo a orde dos números (do 1 ao 12) e indo de abaixo para arriba e na seguinte de arriba para abaixo. Todo un esforzo de concentración e moita coordinación  pero estaban encantados e desexando poñerse á tarefa. Non quedará outra que facer máis actividades de cosido.




























Xa por último empregamos tamén a agulla e lá para engarzar os abalorios coa condición que só foran 4 ou 5 por iso vese nas fotos que están contando a ver cántos levan 😂 . Logo escollimos as plumas ou pegatinas que máis nos gustaban para decoralo.








E aquí posan cos seus atrapasonos desexando que cheguen as vacacións para poder levalo a casa e colgalo na habitación. Ídelle buscando sitio mamis e papis!!












mércores, 25 de novembro de 2020

Super Lola!


   Hoxe conmemorase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e na guarida secreta traballamos sobre os estereotipos a través de Lola, unha nena valiente que desexa ser superheroina para salvar ao Mundo.




 Con este rap móstrase un modelo feminino que rompe estereotipos da muller e resalta a 

importancia da cultura e a formación, base para ser forte na sociedade actual, na que a 

loita pola igualdade continua sendo importante.



  
                              
 

 Escribo a letra do vídeo para que sexa máis sinxelo analizar todas as cousas das 

que trata:


Superlola, superlola, superlola

No penséis que todas las niñas son iguales ¡¡Nooo!!
Hay niñas altas, bajitas, redondas, azules, valientes, artistas, ligeras, novias, imaginativas, y Lola es una de esas niñas y Lola es una de esas niñas que sueña con volar y trepar a los arboles más altos del parque.
Lola es decidida, intrépida, divertida, fuerte, lista, rápida y muy valiente,
..y muy valiente, Lola, de mayor quiere ser superheroína, superheroína, …… sí , de las que salvan al mundo y ayudan a la gente y a los gatos que se quedan atrapados en los tejados.
Ella sueña con un mundo mejor, en el que todas las niñas y niños se sientan libres de hacer lo que quiera.
Y claro, como no podía ser menos se lleva tó el día jugando con la capa mágica que una vez le hizo su madre,.. y corre por la calle saltando como loca haciendo ejercicio para ser cada vez más fuerte, para ser cada vez más fuerte… 
Ya que salvar el mundo es un trabajo muy duro y requiere fuerza, inteligencia y valentía.
Lola anda con su capa mágica por todos los rincones, trepa a los árboles, lee libros de mujeres valientes que cambiaron el mundo, construye torres con sus piezas de colores, o corre con su patín supersónico diciendo:
 -Soy SuperLola, la superheroína que más mola,  soy SuperLola, la superheroína que más mola, soy SuperLola, la superheroína que más mola, soy SuperLola, la superheroína que más mola...

 Mentras iamos escoitando a canción a parábamos para poder comentar todo o que sucedía no rap e coñecer mellor á nosa protagonista. Así  e tratamos que non hai xogos de nenos e nenas, nin cores, nin vestimentas, cortes de pelo ou por suposto profesións. E xa por último que a violencia e as pelexas non son a solución nin o camiño para resolver os problemas.
 
Como a nosa heroína Lola gústalle moito ler libros de mulleres que cambiaron o mundo aproveitamos para coñecer a científica Marie Curie gracias a cal, co seu esforzo e estudio da radioactividade, podemos facer unha "foto dos ósos" para saber se está algún roto, entre moitas máis cousas.
  

    (A palabra Radioactividade atragantóusenos un pouco 😂😂 pero cada día esfórzanse por aprender máis e máis e iso é o importante)

Para rematar a xornada de hoxe pois fixemos o que máis nos gusta: xogar no noso rinconciño co noso equipo e sen diferencias de ningún tipo e onde a imaxinación lévanos a convertirnos en médicos/as, constructores/as, arquitectas/os, cociñeiros/as, científicas/os... 












 Como dicía Lola: imos soñar un mundo mellor no que nenos e nenas séntanse libres de ser o que queiran.

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...