mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía de Castro

   Hoxe 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro asi que na "Guarida Secreta" realizamos diferentes actividades para celebralo.
Dende a Biblioteca do Centro animáronos para recitar un dos seus poemas e xa que imos comezar a plantar algunha froita e verdura pois escollimos o de "A horta". 
Aquí o tendes o enlace



Dende o blogue da Biblio podedes ver ao resto de compañeiros de Infantil e de Primaria; da gusto velos!

Aproveitamos para coñecer cousiñas sobre ela como ónde viviu (algún xa me comentou que pasara por diante da súa casa 👏👏), que lle gustaba moito as flores e a natureza... e despois de saber que foi moi valiente por ser unha muller poetisa no seu tempo e que quixo moito, moito a súa Lingua decidimos convertila nunha superheroina!!!




















Logo para a merenda dende a Fundación Rosalía enviaron uns manteis co poema "Caldo de Gloria" asi que hoxe merendaron facendo un bó uso deles. Primeiro saboreando o almorzo...







E logo decorándoo...









E para rematar a xornada dende o Concello enviaron para cada neno/a un conto dos Bolechas para que sigan coñecendo máis cousas de Rosalía. Como non, encantados cos seu agasallo!!






E ata aquí a celebración do Cumple da nosa poetisa. 



Despedímonos cunha canción de Uxía coa que pedían unha e outra vez escoitala 💗













Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...