Durante esta semana continuamos coas rutinas e aprendizaxes diarias. Seguimos coñecendo novas cousas sobre os indios: a súa vivenda (os tipis), cómo viven en familia e nas tribus, as vestimentas, como a vincha coas plumas que levan na cabeza... ao mesmo tempo que afianzamos a motricidade fina para que colla forza a pinza da man mediante xogos como colocarlle tantas plumas como puntiños salga no dado...
ou asociando o número coa cantidade...
Tamén recalcamos na importancia de realizar correctamente as grafías dos números e as seriacións
E realizamos actividades con distintos materias naturais como landras e artificiais para traballar a direccionalidade.
Nesta ocasión fixeron 2 posturas: o barco (Navasana) coa que melloran a concentración posto que é unha postura de equilibrio así como a coordinación posto que hai varias partes do corpo que actúan ao mesmo tempo, todo un traballo en equipo!
E para rematar realizan unha postura na que hai que ir moi pouco a pouco, sen forzar e ata onde den as características individuais, é a postura da ponte (Setubandha) coa que fortalecen as pernas e axuda a estirar a columna vertebral.