Comezamos un novo mes e non hai mellor forma de facelo que coa celebración dun aniversario; nesta ocasión é Icía que xa ten 5!! Parabéns!!
Comezamos cantándolle o "Cumpleanos Feliz" e soprando a vela
Logo fixemos o noso círculo favorito para darlle os nosos agasallos:
- gústame o teu mandilón e as botas.
- gústame a coroa que levas
- eres moi guapa
- gústame ser a túa amiga porque o paso moi ben
- gústame a túa risa
- que te esforces en facer as letras
- que traballes tan ben...
E como non, Icía encantada de escoitar tantas cousas bonitas!
Para seguir coa celebración a "cumpleañera" escolleu a canción "Baby shark" para bailala todos xuntos e... menudo éxito.
Moitas felicidades Icía!! Desaxamos que pasaras un día especial e que esa torta de choco e nata que che estaba esperando na casa estivese deliciosa!