xoves, 20 de maio de 2021

Un novo aniversario

  Xa van sendo cada vez máis nenos/as de 5 anos que de 4; hai que ver que rápido pasan os días!

Hoxe Lucía está de aniversario asi que na Guarida Secreta non podiamos deixar pasar este día facendo unha pequena celebración;



 

 Coido que estaba algo tímida ou igual a ilusión de poñer a desexada coroa que lle facía estar moi nervosa pero encantoulle a tarxeta co nome de seus compañeiros que non deixaba de observala. Alegrámonos moito Lucía! 





Para finalizar cada un doulle o seu agasallo especial na que moitos coincidiron en:
- eres moi boa compañeira
- fas moi ben as fichas e esfórzaste en facelas ben
- Quérote moito
- Gústame xogar contigo no patio
- eres moi amiga porque axudas ós demáis
- eres moi guapa e gústame a túa coleta do pelo...
 


Por útlimo escolleu a canción de Luli Pampín para bailar. Ohhh yeeah!!  







Só quédanos desexarte que remataras ben o día tamén na casa que ademáis según me contaron tamén estaba de aniversario e seu curmán! Parabéns tamén para él!!





  
 



Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...