mércores, 27 de xaneiro de 2021

Novo cumpleanos na aula e seguimos coñecendo ós inuits

    Hoxe tocou unha nova celebración xa que Gala e Vera cumplen 5 anos!! Parabéns chicas!

Aínda que estamos con moitos preparativos para o Día da Paz non podíamos deixar de celebrar o seu cumpleanos asi que coas coroas xa colocadiñas cantámoslles a canción de Cumpleanos, soplaron a vela e como non escolleron canción para mover un pouco o corpo e darlle ese toque máis festivo ao día.

Logo pensamos en cousas bonitas para regalarlles para o que puxéronse no medio e fumos dicindo agasallos como:

- fas moi ben os traballos

- eres moi bonita

- gústame xogar contigo no patio

- estou moi contento de que fagas tan ben as fichas

- eres divertida

- gústame a túa coroa, tenis, pantalón e pelo

E claro... todo isto multiplicado por 2!

Aquí van unhas fotiñps destes momentos de aula
















Ademáis nestes días estivemos coñecendo máis cousas sobre os inuits; descubrimos os INUKSUK que son unhas esculturas construídas con pedras e que lles servían para orientarse. Como teñen forma humana con pernas, tronco, cabeza e brazos os cales nos indican a dirección que debemos seguir.



 Gustoulles moito coñecelo asi que decidimos que cada un construira o seu traballando así a creatividade, motricidade fina, e a precisión no equilibrio das pezas polo que tamén puxemos a proba a frustración...
















E indagando descubrimos unha superheroína inuit! Amka Aliyak da que sabemos que 
gústalle coidar a natureza e ten o poder de convertirse en animal para así axudar aos demáis.
Seguiremos coñecéndoa algo máis porque seguro que nos ensina valores moi importantes.




Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...