Comezamos un novo trimestre voltando as rutinas e coñecendo as características da nova estación; cada unha ten as súas peculiaridades pero sen dúbida acabamos de entrar nunha das máis bonitas; é a época das flores, das alegres cores, dos ricos olores... asi que na Guarida Secreta quixemos darlle un cambio á nosa aula e deixala así de lucida.
Coloreamos as nosas bolboretas
Que axiña botaron a voar e pousaron en distintas partes do corpo...
E tamén fixemos un traballo de equipo cos papaventos para as ventanas
Quedando así de bonitas
Así que xa estamos máis que preparados para recibir as cousas novas que nos traerá este último trimestre!!