O MUNDO DOS NÚMEROS
Se hai algo que lles encanta aos nosos superheroes e superheroinas son os números e son moitos os momentos da aula que aproveitamos para contar elementos:
- como os compañeiros que viñeron ó cole e os que quedaron en casa, o día no que estamos, as letras do noso nome...
cando temos material novo o clasificamos e logo tamén o contamos cada grupo para poder repartilo...
E cos facemos sumas (4 e 4, e se lle poñemos outros 4?)
- e entre moitas outras actividades tamén saltamos na nosa alfombra dos números. É algo que lles encanta e nas que se lle notou melloría no seu manexo xa que antes poñíanse a saltar e non decían os números. Agora van pouco a pouco, fixándose no número e dicíndo en voz alta.
E os de 5 anos o fan cara diante e tamén ó revés...
Ademáis do conteo tamén afianzamos as grafías e a súa orden: cal vai antes, cal despois... sempre tendo en conta a idade do grupo. Ao principio de curso non comprendían por qué uns facían unhas tarefas e o equipo morado outras pero agora xa están adaptados e son eles mesmos en que preguntan: e para os de 4? e qué van facer os de 5? Outra ocasión para traballar a importancia dos números na nosa vida diaria 😊😊
Muy buen trabajo superhéroes👏👏👏👏👏
ResponderEliminarAsí me gusta! motivando! 👏👏👏
Eliminar