domingo, 14 de marzo de 2021

Novas da semana

    Durante esta semana estivemos facendo tarefas pero penso que de todas houbo dúas que destacaron das demáis...

A primeira foi confeccionar os nosos manteis individuais para a merenda; como estabamos percorrendo a sabana africana e encántalles os animais que viven nela pois decidimos elaboralos sobre esta temática. Visionamos varias fotografías e escollimos as cores que aparecian con máis frecuencia,logo seleccionamos 5 animais e por último só quedaba arremangarse para experimentar cunha nova técnica de pintar empregando globos. Mirade qué ratos máis divertidos pasaron!











Unha vez seco toculle quenda a poñer as pegatinas facewndo un esforzo na motricidade fina para despegalas e  tamén a ter paciencia e esforzarse en intentalo.








E xa por último plastificalos e listos para o seu uso! 





Unha vez rematadas as merendas e xa con todo recollido pasámoslle o desinfectante para poder gardalo e usalo nos seguintes días. 


A outra nova  foi o venres, día que tiñamos elexido para ir á horta e, aínda que parecía que o tempo non permitiría que foramos, ao final levamos unha alegría cando o sol fixo presencia. Ademáis contamos coa axuda do profe José polo que plantamos: leitugas, amorodos, chícharos, perexil e menta.

























A partir de agora iremos revisar se van medrando, regalas e ver se todo está en orde. 
Para a semana irei contando máis novidades. Ata pronto!


 

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...