venres, 13 de novembro de 2020

Os venres de Música e Psicomotricidade


Durante a xornada dos venres temos o apoio de Paula na clase así que hoxe imos explicarvos un pouquiño qué é o que facemos. A segunda hora teñen Música na que practican o ritmo, identifican sons, instrumentos, silencio/ruído... e aprenden moitas cancións como esta titulada "La sopa"...


E despois do patio tamén teñen Psicomotricidade. Durante esta sesión facemos un desdobre como facemos en Ioga; uns equipos van con Paula mentras outros quedan conmigo na aula realizando tarefas escritas. E  logo intercambiamos para que todos poidan desfrutar das mesmas actividades no mesmo día. 

Nesta ocasión traballaron a coordinación e o equilibrio ademáis, de como se pode escoitar no vídeo, de animar e motivar aos compañeiros. Así nos gusta superheroes e superheroinas!!




















Xa por último, o alumnado que asiste a Valores coa compañeira Paula están a traballar as emocións a través do conto "El monstruo de colores" co que elaboraron estes paneis tan bonitos.








 

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...