sábado, 9 de xaneiro de 2021

De volta á aula

      A pesar do frío destes días aos Reis Magos deulles tempo de deixar uns agasallos na Guarida Secreta e algunha cousiña doce para adozar aínda máis o regreso ó cole, e é que como dixo algún neno: "Seguro que están aburridos de ir de tanta casa en casa e quixeron vir tamén polo cole" 😂😂  


Ademáis deixáronnos unha carta escrita na que esperaban que nos gustaran os agasallos e que desfrutáramos deles compartíndoos cos compañeiros.
Asi que por equipos fumos abrindo un agasallo...
 






E como non estaban desexando estrenalos asi que tivemos un tempo para desfrutar deles. 








Todos tiñan un montón de cousas que contar sobre estas datas e das cousas que lle trouxeran tanto Papa Noel como os reis Magos asi que aproveitamos para deixar constancia por escrito para que non se nos esqueza da sorte que tivemos de recibir tantos agasallos.











  

DAMOS COMEZO A UN NOVO TRIMESTRE PARA O QUE ESTAMOS XA PREPARADOS PARA ADQUIRIR NOVAS APRENDIZAXES! 


Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...