domingo, 7 de febreiro de 2021

Cumple de Mauro e preparándonos para o Entroido

    O venres celebramos na aula o aniversario de Mauro que xa cumpliu 5!! É o único que temos no mes de febreiro asi que estaba moi contento e desexando celebralo tanto, tanto que xa o luns foi o primeiro que me comentou ao entrar na aula jajajaja. 

Hai que ver cómo lles gusta cumplir anos e sentirse máis maiores!!  

                                                         



Igual que como vimos facendo durante o curso luciu coroa, cantámoslle o cumpleanos feliz, soplou a vela e fixemos a roda das cousas bonitas no que recibiu dos seus compañeiros agasallos como estes:

- divírtome moito contigo

- gústame a túa coroa

- xogo moito contigo no patio

- fas mellor as fichas

-eres moi guapo

- gústanme os teus zapatos, pantalón, coroa e xogar contigo

- sabes moitas cousas sobre animais...



E lóxicamente, Mmauro non podía estar máis contento e nalgún momento ata algo ruborizado 😊

Para rematar escolleu a canción de Cumpleaños Feliz de Parchís asi que todos a bailar!!







Por suposto todos os compañeiros asinaron na súa tarxeta para que lle quede de recordo

Parabéns Mauro!!! 






Tamén quería comentarvos sobre o Entroido; dende o Centro anunciouse o cartaz cos Mandas do Meco que comparto no blogue por se non o víchedes.


Como vedes comezaremos a cumplilos o martes e son acumulativos polo que o do martes tamén o traeremos posto o mércores e así... O venres o disfraz este curso é libre pero animarvos a relacionalo co proxecto deste curso e con todo o que estamos a tratar estes meses na aula: indios, inuits, animais destes continentes, personalidades importantes que coñecimos como Marie Curie, Neill Amstrong...e como non superheroes e superheroinas cos que lle podedes tunealos e que batallen contra o virus, a contaminación (como Amka Aliyak)... 
Estas son algunhas ideas pero como dixen tamén poden vir disfrazados do que queiran, iso si, sen complementos para evitar que os compartan e con pouca maquillaxe para ter a máscara posta.
Como sempre, o importante é pasar unha semana divertida e un venres de Entroido distinto como todo o que está a ser este curso.
Calqueira dúbida preguntádeme sen problema!









Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...