mércores, 10 de febreiro de 2021

Máscaras africanas

    Xa que estamos comezando a coñecer terras africanas non podiamos desperdiciar a ocasión de coñecer máis a fondo as máscaras e para qué as empregan.

Comezamos primeiro falando dos materiais que usan para elaboralas e tamén cómo fan para decoralas e pintalas.



Observamos algunhas na pantalla e identificamos distintas formas xeométricas: círculos, cadrados, rectángulos, triángulos, rombos, óvalos... e descubrimos que conseguimos atopar unha manchea delas!






E claro... cómo resistirse a diseñar as nosas propias máscaras africanas: observar, imitar, diseñar, pintar, manupilar formas para recoñecelas mellor, pegar, coser... 














Así de decorado quedou o corredor que rodea á aula

 


Agora só queda saber quen se atopa detrás delas... É un reto difícil familias asi que sorte!





















Pero resulta que en África non só empregan máscaras se non que tamén pintan a cara...



E claro, outra vez non podiamos deixar pasar esta ocasión de imitar as súas maquillaxes asi que... mans á obra e a empregar a técnica do punteo pero con bastoncillos afinando así a nosa motricidade fina e creatividade.





  
Este é o noso corcho da aula preparado cun aspecto máis "Carnavalesco"; estamos aproveitando para coñecer costumes e tradicións  das tribus, das que estamos seguros de que aprenderemos moito, moito.   




















  



 




















 






Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...