xoves, 4 de febreiro de 2021

Volvemos coller a maleta

    Nestes días estivemos despedíndonos dos inuits e recordando todo o aprendido dímonos conta de que coñecimos un montón de cousas sobre eles: por qué nos lle gusta que lles chamen esquimós, o seu aspecto físico, cómo viven, a súa vivenda, vestimentas, qué vehículos empregan para desplazarse, qué cazan ou pescan... pero tamén aspectos curiosos como que foron os primeiros en inventar a protección para os ollos (gafas de sol), cómo resolven os conflictos e a importancia que lle dan a cuidarse uns a outros dentro da comunidade. 

Para ir finalizando coñecimos o arte inuit: as esculturas con pedras, o diseño de figuras elaboradas cos ósos dos animais que cazaban e as súas pinturas relacionadas coa caza e a pesca reflexando así a importancia que lle dan ó coidado da natureza e o respeto hacia os animais.

Gracias a isto coñecimos á superheroina Anka Aliyak que transmitiunos a importancia de coidar o noso entorno e loitar contra a contaminación.

   Como vedes aprendimos moitísimo nesta viaxe asi que queríamos despedirnos destas terras con algo cotiá destas zonas do norte como é o xeo! 

Ó principio estaban algo extrañados pero despois de empregar o sentido do tacto para comprobar que sí, que era xeo e que estaba frío, e que cada cubito tiña unha cor diferente puxémonos a colorear o noso mar antes de que se derretise.






Logo coloreamos os peixiños inuits para que naden nel, o resultado hai que dicir que quedou moi chulo e que desfrutaron experimentando con novos materiais. Aquí tendes os resultados!  














(Extraviei algunha foto dos nenos pero mañán repito as que faltan e actualizo 😉)

E ata aquí esta viaxe, agora queremos sair do frío e coñecer un lugar máis caluroso ao mesmo tempo que fermoso e do que estamos seguros que tamén aprenderemos unha manchea de cousas.

ÁFRICA ALÁ IMOS!!!






Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...