xoves, 19 de novembro de 2020

Ciencia na aula!

    O mes de Novembro está adicado á Ciencia asi que non podiamos pasar por alto a súa conmemoración e máis agora con todo o que está a pasar pois vólvese, aínda se cabe, máis importante.

Como abarca moito campos e estamos coñecendo distintos países, a Terra... pois comezamos coñecendo a figura de Neil Amstrong; un austronauta que conseguiu pisar por primeira vez a Lúa.

Falamos un pouco da súa vida, observamos as súas características físicas en fotos, coñecemos a nave espacial o Apolo 11, de por qué o vídeo gravado era en blanco e negro...  pero tamén insistimos en que tivo que facer moitos esforzos para chegar a ónde soñaba ir de pequeno e sobre todo, dun bó traballo en equipo!

Ademáis houbo moita xente que abriulle o camiño a base de investigar, probar, fracasar nos seus intentos pero tamén sen rendirse e volvendo a intentalo. Con este vídeo fumos vendo algúns antecesores (o que máis lle gustou foi o muelle xigante 😅) 


        
                               

Despois de todo isto deixamos constancia escrita de todo o aprendido. 


Coido que gustoulles moito coñecelo xa que nos xogos de construcción durante esta semana fixeron varias veces o Apolo 11 jajjaa. Encántame cando reflexan en distintos momentos da aula o aprendido noutros momentos. 
Pero claro, queríamos converternos en científic@s e ver nas "nosas propias carnes" o frustrante e enriquecedor que é facer un experimento e poder descubrir fenómenos químicos, así que preparámonos para levar a cabo o "Ovo saltarín"! 
Igual xa vos oíchedes algo porque a todos os mestres que viñan á aula explicábanlle o que estabamos a facer, é máis, algún/ha contoume que ao chegar a casa meteran un ovo en vinagre 🙈🙈🙈 

O primeiro que fixemos foi tocar o ovo e comentar a súa textura, a temperatura, se era pesado... e elaboramos hipótesis sobre qué lle pasaría se o tirábamos ao chan (todos estiveron de acordo en que rompería) pero e si o metemos en vinagre? Pois as respostas xa foron máis variadas:
- Vai morrer
- Sairalle un buratiño e queda vacío
- Desfaise
- Vai sair de noite e destrozar todo
- Se va a poner blandito
- Quedará vacío...










A continuación pasamos a desenvolver o sentido do olfacto co vinagre. Todas as caras eran máis ou menos como estas...




Para logo botar con moito coidado o ovo no vaso do noso equipo e sumerxilo no líquido.






Ao pouco tempo xa observamos as burbullas que van saíndo ao redor da cáscara asi que coñemos lápis e deixamos constancia de todo o acontecido para non esquecelo
 

E aquí ven o máis custoso... o esperar. Ao día seguinte viñeron todos emocionados para ver qué lles pasara aos ovos e comprobamos que o vinagre estaba máis marrón cunha teliña, con moita escuma e tocamos o ovo: estaba máis blandiño pero aínda podía romper asi que non quedaba máis remedio que seguir esperando...
E por fin hoxe vimos os resultados aínda que tivemos certos problemiñas que fumos resolvendo sobre a marcha.
- No equipo morado o ovo medrou tanto que non salía do recipiente así que con paciencia e amodo ao final conseguímolo.





- O equipo vermello tamén tivo resultados asi como no laranxa




- No azul tamén saleu pero como xa avisáramos non podíamos subilo moito para que botara porque pasaría isto...


- E no equipo verde algo fallou porque foi collelo e xa romperse

Estamos investigando se foi un erro na cantidade de líquido ou un fallo de escape no vaso...

Pero aquí tamén está a aprendizaxe, que ás veces as cousas non saen ben e podemos cometer erros pero o importante é pensar no sucedido e querer volver a intentalo!!!

(5 anos)

(4 anos)



 



 






 
  

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...