martes, 12 de xaneiro de 2021

Aniversario de Clara

   Onte celebramos o aniversario de Clara xa que durante a fin de semana cumpliu 1 aniño máis e xa son 5!!

Estaba moi emocionada e desexando poñerse a coroa que a luciría durante toda a xornada. ´

                                                        


Despois de cantarlle o "Cumpleanos feliz" soplou a vela




E por suposto non podía faltar o noso círculo das cousas bonitas na que lle dixeron:
- Eres moi guapa
- Gústanme as túas botas de indio
- Comes moi ben a mandarina
- Tes o pelo bonito
- Eres divertida 
- Gústame a túa coroa...

Como é lóxico nestas idades, eles fíxanse máis en aspectos externos pero neste trimestre insistiremos en que digan cousas que fan ben, da súa forma de ser, de se axudan e colaboran cos compañeiros/as etc e  faciliten a convivencia e o traballo en equipo. Posiblemente nalgunha ocasión dirán tamén algo negativo pero iso forma parte tamén da aprendizaxe porque sabendo o que facemos mal axúdanos a esforzarnos e querer cambialo.
   Por suposto, a Clara encantoulle ser a protagonista e escoitar todo o que lle dixeron. 


 
Para finalizar escolleu a canción de Parchís para botar unhas bailas cos compañeiros de clase e todos lle asinaron na súa tarxeta de parabéns, quedándolle así de recordo deste curso.





Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...