Ben sabemos que a Paz non é cousa dun día se non que hai que traballala no nosa vida diaria; sen pegar aos compañeiros/as, sen molestar nin berrar, axudando e colaborando entre todos, estando tranquilos, disfrutar uns dos outros e sobre todo conversando e resolvendo os conflictos empregando a palabra.
Como xa coñecimos algunhas tribus do Mundo retomamos ós Indios para coñecer cómo resolves eles os problemas; moitos dixeron que lanzando flechas e loitando pero cal foi a sorpresa cando descubrimos a "Pipa da Paz"; símbolo dos indios americanos e da que fumaban despois de chegar a un acordo.
E como agora estamos coñecendo ós inuits pois investigamos e resoltou algo máis orixinal a súa maneira de facelo, pero mellor que o conte eu pois é que leades o que escribiron tan ben nas súas fichas de traballo.
Asi que xa sabemos que falar, conversar, resolver os problemas a través da palabra... e a mellor maneira para conseguir chegar a esa desexada Paz.
Pero non podiamos deixar pasar esta celebración sen facer un pequeno mural para decorar a entrada de aula; con él tivemos que chegar a acordos co equipo para escoller diseño, copiar as formas co debuxo colaborativo, colorear e repartir tarefas...
Aquí podedes ver as fotos do proceso
E aquí o resultado sen os creadores...
E con eles posando
Aproveito esta foto para presentarvos a Alba; unha mestra que estará con nós durante uns meses mentras duren as prácticas e da que seguro aprenderemos un montón de cousas novas!
Benvida á Guarida Secreta!!
E finalizo xa esta entrada ao blogue cun conto que elaboramos entre todo o alumnado de Infantil e montou o vídeo a profe Teté; a verdade é que a experiencia (aínda que distinta dada a situación actual) resultou moi enriquecedora.