martes, 29 de setembro de 2020

Superheroes e superheroínas

   Hoxe seguimos traballando co noso proxecto relacionado cos... 

SUPERHEROES E SUPERHEROINAS!!

Porque a través deles imos cumplir cunhas normas dentro do cole para combatir ao virus: un lavado bó de mans, uso de xel desinfectante, poñer a máscara (que nos dicimos que é o noso antifaz), manter a distancia, estornudar ou toser no brazo... 

Son moitas cousas novas ás que nos estamos adaptando e reforzando durante estos días no cole pero a través do xogo e da imaxinación resulta todo máis sinxelo.

Como bós superheroes temos en conta as diversas realidades que existen ao noso redor asi que neste mes cantamos a nosa canción de "Buenos días canto yo" empregando o "Bos días" en lingua de signos; cada mes iremos coñecendo formas distintas de saudar e que non requiran contacto físico.

Mirade qué ben o fan!!


                                           






Logo continuamos a xornada exercitando os nosos músculos dos brazos, mans, dedos... e tamén do cerebro así nada mellor que o silencio nos equipos e  poñer unha música de fondo para mellorar a concentración... 









E  despois dun tempo de lecer e repoñer enerxías cunha rica merenda, facemos un último esforzo de precisión co emprego das tesoiras e  aquí está a recompensa dun traballo ben feito.























Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...