sábado, 1 de maio de 2021

Mensaxe dende Burkina Faso

    Estabamos desexando compartir con todos vós esta actividade que levábamos tempo argallando e que nos último días fíxose realidade.

Como ben sabedes estamos inmersos nun proxecto (UBUNTU) no que coñecemos a diferentes personalidades que axudaron ou están a facelo, a que vivamos nun mundo mellor. Viaxando por África atopámonos con Yacouba Sawadogo, ou máis coñecido como "o home que parou o deserto"; xa desde o principio collímoslle un cariño especial (igual pola cantidade de veces que tivemos que repetir o seu nome para memorizalo) pero tamén porque del aprendimos que con pequenos accións podemos axudar a moita xente.

Se recordades na nova do xornal que elaboramos para o centro convertímonos nos seus axudantes para coidar o bosque que estaba creando e comprometímonos a dar a coñecer a técnica Zaï e publicitar a súa gran labor.

Foi neste momento no que o propio alumnado quixo mandarlle unha mensaxe a Yacouba para darlle as grazas por axudar á veciñanza a poder cultivar como o seu esforzo por frear a desertización, o problema xurdiu de que non sabiamos cómo facerllo chegar...

Pois aquí entra a importante colaboración dun gran equipo formado pola compañeira Teté, o seu amigo Christian Somda así como un amigo que fíxonos de traductor xa que Yacouba fala mooré, unha lingua empregada por unha escasa poboación en Burkina Faso. 

E por suposto ó alumnado da aula Pementeira que sumouse a esta iniciativa facéndoa todavía máis enriquecedora.

Déixovos que desfrutedes da mensaxe que lle enviamos

( Recoñezo que non puidemos deixar de vela unha e outra vez tanto pola emoción que nos transmitía como pensar na cara que se lles ía quedar se Yacouba nos respondía. E fíxoo!


   Mentras o visualizábamos íalles lendo o que poñía e comentábamos o que estabamos a ver, indicáballes que se fixaran nos detalles, na contorna, no forte que sopraba o aire, no distinto que era dos nosos bosques, recordamos a palmeira dactilera e aprendimos os seus usos medicinais, da ferramenta que usa para traballar... Son tantas e tantas cousas que nos aporta que só desexamos que tamén vós  o desfrutedes dende casa.





Pódovos asegurar que estaban super atentos ante a sorpresa e que ó finalizar romperon a aplaudir da emoción, a gritar o seu nome, a dar saltos de ledicia... Non teño fotos deste momento porque o estaba a desfrutar tanto como eles pero estou segura de que quedará gardado como un bonito recordo. 

Graciñas a Teté e a todos os que fixeron posible que a idea e ilusión do alumnado da Pementeira e da Guarida Secreta puidera facerse realidade.
 


Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...