luns, 30 de novembro de 2020

Atrapasonos

    Hoxe rematamos a nosa viaxe por terras dos Indios cos que aprendimos un montón de cousas e non se nos ocorreu mellor maneira que facelo cun amuleto típico deles como é un atrapasonos! Aquí tendes o resultado de cómo nos quedaron...

Sabemos que con eles os sonos bonitos van poder pasar e aqueles que son feos (os pesadelos) van quedar atrapados nas redes. 

Pero para que quedaran así de bonitos houbo moito traballo coa motricidade fina, o conteo, a creatividade, o deseño. Asi que imos por partes e explicar que o primeiro que tivemos que facer foi escoller a cor e coller o pincel para cubrilo todo. 














E o seguinte paso foi coller unha agulla e lá e poñernos a coser. Sí, sí a coseeer!!! Isto levounos máis traballo xa que tiñamos que pasar a agulla seguindo a orde dos números (do 1 ao 12) e indo de abaixo para arriba e na seguinte de arriba para abaixo. Todo un esforzo de concentración e moita coordinación  pero estaban encantados e desexando poñerse á tarefa. Non quedará outra que facer máis actividades de cosido.




























Xa por último empregamos tamén a agulla e lá para engarzar os abalorios coa condición que só foran 4 ou 5 por iso vese nas fotos que están contando a ver cántos levan 😂 . Logo escollimos as plumas ou pegatinas que máis nos gustaban para decoralo.








E aquí posan cos seus atrapasonos desexando que cheguen as vacacións para poder levalo a casa e colgalo na habitación. Ídelle buscando sitio mamis e papis!!












Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...