Ben sabemos que a Paz non é cousa dun día se non que hai que traballala no nosa vida diaria; sen pegar aos compañeiros/as, sen molestar nin berrar, axudando e colaborando entre todos, estando tranquilos, disfrutar uns dos outros e sobre todo conversando e resolvendo os conflictos empregando a palabra.
Como xa coñecimos algunhas tribus do Mundo retomamos ós Indios para coñecer cómo resolves eles os problemas; moitos dixeron que lanzando flechas e loitando pero cal foi a sorpresa cando descubrimos a "Pipa da Paz"; símbolo dos indios americanos e da que fumaban despois de chegar a un acordo.
E como agora estamos coñecendo ós inuits pois investigamos e resoltou algo máis orixinal a súa maneira de facelo, pero mellor que o conte eu pois é que leades o que escribiron tan ben nas súas fichas de traballo.
Asi que xa sabemos que falar, conversar, resolver os problemas a través da palabra... e a mellor maneira para conseguir chegar a esa desexada Paz.
Pero non podiamos deixar pasar esta celebración sen facer un pequeno mural para decorar a entrada de aula; con él tivemos que chegar a acordos co equipo para escoller diseño, copiar as formas co debuxo colaborativo, colorear e repartir tarefas...
Aquí podedes ver as fotos do proceso
E aquí o resultado sen os creadores...
E con eles posando
Aproveito esta foto para presentarvos a Alba; unha mestra que estará con nós durante uns meses mentras duren as prácticas e da que seguro aprenderemos un montón de cousas novas!
Benvida á Guarida Secreta!!
E finalizo xa esta entrada ao blogue cun conto que elaboramos entre todo o alumnado de Infantil e montou o vídeo a profe Teté; a verdade é que a experiencia (aínda que distinta dada a situación actual) resultou moi enriquecedora.
Cantas cousas estamos aprendendo dos inuits😊. Moi bo traballo en equipo e impresionante ese mural da paz🤩 e que decir do conto, ENCÁNTANOS,vímolo onte e volvémolo ver hoxe non recordo cantas veces. Bravoooo si señor👏👏👏👏. Benvida a guarida secreta profe Alba!!!
O tema dos inuits a min tamén resultoume enriquecedor e aprendín moito deles, iso é o bonito desta profesión: aprender e aprender para logo ensinar. Graciñas por toda a motivación que recibimos das familias 😍
Encántanos que vos encante! Non estabamos moi seguras de cómo quedaría porque había que ensaiar, gravar por turnos... pero o resultado non puido ser mellor. Graciñas María 🤗🤗
👏👏👏👏Bravo felicidades a todo@s!!!! Sois unos campeones.
ResponderEliminarLa verdad es que el resultado es muy chulo y además disfrutaron mucho haciéndolo. Son todos unos artistas.
EliminarBravo felicidades
ResponderEliminarGracias por pasarse por el blog y animarnos con los comentarios 🤗
EliminarCantas cousas estamos aprendendo dos inuits😊.
ResponderEliminarMoi bo traballo en equipo e impresionante ese mural da paz🤩 e que decir do conto, ENCÁNTANOS,vímolo onte e volvémolo ver hoxe non recordo cantas veces. Bravoooo si señor👏👏👏👏.
Benvida a guarida secreta profe Alba!!!
O tema dos inuits a min tamén resultoume enriquecedor e aprendín moito deles, iso é o bonito desta profesión: aprender e aprender para logo ensinar.
EliminarGraciñas por toda a motivación que recibimos das familias 😍
Estupendo traballo a todos. O vídeo unha pasada encatounos a todos. 👏👏chicos.
ResponderEliminarBenvida Alba😘😘😘
Encántanos que vos encante! Non estabamos moi seguras de cómo quedaría porque había que ensaiar, gravar por turnos... pero o resultado non puido ser mellor.
EliminarGraciñas María 🤗🤗
Que mural máis bonito, bo traballo chicos e claro como non a ti Eva!!
ResponderEliminarPois moitas gracias Lucía! A verdade é que encántalles coller o pincel e darlle cor ó papel branco. Son todos uns artistas!
Eliminar