Queda pouco para o SAMAÍN e polo que falamos en clase creo que algún xa sabe que lle vai facer a súa cabaza asi que papis e mamis, avós/avoas, tíos/as... preparádevos! 😂😂😂
martes, 20 de outubro de 2020
Merendas dos Superheroes e superheroinas
Hoxe quero compartir con vós outra rutina da aula na que aproveitamos para traballar a importacia de tomar froita, lácteos, froitos secos... e das vitaminas que nos aportan. Todos os días comentamos do seu valor e de que son tan necesarias para os ósos, músculos, para o cerebro, evitar enfermidades etc. En definitiva, para estar sans e como eles din: "Para medrar moito e ser moi maiores"
Comparto con vós algunhas fotos na que os sorrisos o din todo...
Pero despois dunha boa merenda tamén é necesario un pequeno descanso. Uns días poñemos música clásica e outras veces coma hoxe música da natureza; con ela queremos que se relaxen pero que tamén concentren a atención nos sons que escoitan aillando outros ruídos que poden chegar do cole.
Son 5 minutiños para repoñer forzas para rematar a xornada e non imos mentir en que hai algún/ha que gustaríalle que este tempo se alongara un pouco máis 😄😄
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Último día de cole
O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...

-
Hola a todos/as!!😀 Agora que xa o curso está comezado e no que coñecémonos algo maís dámoslle paso a creación do noso blogue e no que ...
-
Durante esta semana estivemos inmersos no ambiente do Entroido e que culminou coa celebración do venres no que lucimos disfraces, posamos...
-
Coa chegada da primavera tamén fan aparición eses pequenos animais cos que pasamos un momento divirtindo observándoos e xogando con el...