Hoxe quero compartir con vós outra rutina da aula na que aproveitamos para traballar a importacia de tomar froita, lácteos, froitos secos... e das vitaminas que nos aportan. Todos os días comentamos do seu valor e de que son tan necesarias para os ósos, músculos, para o cerebro, evitar enfermidades etc. En definitiva, para estar sans e como eles din: "Para medrar moito e ser moi maiores"
Comparto con vós algunhas fotos na que os sorrisos o din todo...
Pero despois dunha boa merenda tamén é necesario un pequeno descanso. Uns días poñemos música clásica e outras veces coma hoxe música da natureza; con ela queremos que se relaxen pero que tamén concentren a atención nos sons que escoitan aillando outros ruídos que poden chegar do cole.
Son 5 minutiños para repoñer forzas para rematar a xornada e non imos mentir en que hai algún/ha que gustaríalle que este tempo se alongara un pouco máis 😄😄
Que a gusto se quedaron despois de comer fruta sana, como nos di Icía 😋😋😋
ResponderEliminarSi! En xeral a todos lles gusta algunha froita a ver se aos pouquiños anímanse todos.
ResponderEliminar