Chegou o momento de encher a maleta e comezar a viaxar!
Isto foi unha frase que dixen na clase e vín caras de sorpresa... ata que algún soltou:
- "e imos voltar para durmir na casa?"
- jajaja. Tranquiiiilos, o Covid non nos permite viaxar peeeero aínda temos a imaxinación para poder volar e os libros, contos, debuxos, ordenador... para aprender moitas cousas novas.
Asi que antes de poñernos a viaxar polo mundo pois aprendimos algunha cousiña sobre él; cómo se creou, qué forma ten a Terra, que está formada por moita auga e que tamén ten continentes.
E mirade que ben porque esta semana en Ioga fixeron o saúdo ao Sol (Surya Namaskar) para cargarse de enerxía ao mesmo tempo que estiramos e flexibilizamos os músculos do corpo.
Pero tamén tivemos tempo de observar seres vivos que veñen visitarnos ó noso cole; será un paxaro, será un avión?...
Pois non, é unha miñoca! Aproveitamos para falarlles de que aínda que o seu tamaño é pequeno pois axudan a coidar a terra xa que fai buratiños e entra o aire, que tamén a empregamos para pescar...
Pasaron case todo o tempo do recreo mirando para ela ata que "a liberamos" o que non sei é se lle quedaron ganas de volver facernos unha visita...😂😂
E xa por último decirvos que estamos preparándonos para a próxima semana aprendendo cancións coa profe Paula, comentando de qué nos imos disfrazar o venres, sobre as cabazas e facer algo que nos encanta, pintar as mans.
Qué será, será??
Se lo pasan pipa , gracias profe Eva
ResponderEliminarLa verdad es que da gusto verlos tan contentos/as. Se lo pasan genial al mismo tiempo que aprenden un montón de cosas. Y eso es genial!
Eliminar