martes, 29 de setembro de 2020

Superheroes e superheroínas

   Hoxe seguimos traballando co noso proxecto relacionado cos... 

SUPERHEROES E SUPERHEROINAS!!

Porque a través deles imos cumplir cunhas normas dentro do cole para combatir ao virus: un lavado bó de mans, uso de xel desinfectante, poñer a máscara (que nos dicimos que é o noso antifaz), manter a distancia, estornudar ou toser no brazo... 

Son moitas cousas novas ás que nos estamos adaptando e reforzando durante estos días no cole pero a través do xogo e da imaxinación resulta todo máis sinxelo.

Como bós superheroes temos en conta as diversas realidades que existen ao noso redor asi que neste mes cantamos a nosa canción de "Buenos días canto yo" empregando o "Bos días" en lingua de signos; cada mes iremos coñecendo formas distintas de saudar e que non requiran contacto físico.

Mirade qué ben o fan!!


                                           






Logo continuamos a xornada exercitando os nosos músculos dos brazos, mans, dedos... e tamén do cerebro así nada mellor que o silencio nos equipos e  poñer unha música de fondo para mellorar a concentración... 









E  despois dun tempo de lecer e repoñer enerxías cunha rica merenda, facemos un último esforzo de precisión co emprego das tesoiras e  aquí está a recompensa dun traballo ben feito.























xoves, 24 de setembro de 2020

A importancia do equipo



    Hoxe volvemos publicar e o facemos cunha actividade realizada fai uns días... a ver si así vou actualizando jeje.

   Todos sabemos a importancia de cooperar e máis nos tempos que estamos a vivir pero é unha palabra difícil de explicar a nenos/as destas idades aínda que se lles dicimos que hai que axudar, colaborar, estar pendentes dos demáis... pois a verdade é que son os primeiros en arrimar o ombreiro!!

Todo o iremos traballando ao longo do curso polo que puxémonos mans á obra e vimos un video "The tree" (A árbore) co que resaltamos a importancia de que, se traballamos en equipo, conseguiremos resolver moitos dos problemas.

   Gustoulles tanto que non facían máis que pedir que o volvera poñer asi que aquí o tedes para para que o vexades xuntos.



   Despois fixemos uns bonitos debuxos sobre o que vimos e cómo nos fixo sentir; por equipos estables conversaron sobre qué ía debuxar o 1º, o 2º... facendo así un conxunto e non debuxos que non tiveran relación uns cos outros.

   Foi unha experiencia chulísima e eles encantados de traballar co seu equipo. Para mostra un botón ou mellor dito unhas fotos...

Ata pronto!















martes, 22 de setembro de 2020

Benvid@s ao noso blogue!!

 Hola a todos/as!!😀

   Agora que xa o curso está comezado e no que coñecémonos algo maís dámoslle paso a creación do noso blogue e no que iremos contando algunha cousiña do que pasa na aula.

Seguro que moitos estades sorprendidos co nome pero foron eles mesmos os que fixeron as propostas e logo votaron o que máis lles gustaba.

Seguro que xa vos facedes unha idea de cal vai ser a temática... 🙊   

                                       

 Puuuufffff!! espéranos un curso de moito traballo peeero como lle gusta dicir a profe Eva: "Imos a intentalo!!!"

   Para ir quentando motores colgamos unhas fotos dos primeiros días de cole; foi moito tempo sen estar todos xuntos e a volta estivo chea de cambios pero sempre con alegría e desexando aprender cousas novas!!










 E agora á hora do recreo no que cada día temos un espazo distinto...





 

E o máis importante foi que comezamos a crear a idea de equipo... 
E vaia equipazo!!!!







Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...