mércores, 23 de decembro de 2020

Celebración do Nadal!

    O martes foi un día moi especial onde fixemos tantas cousas e o pasamos tan ben que non sei moi ben por ónde comezar 😂😂😂 asi que irei mostrándovos todo o que fixemos...

O primeiro pois foi facer un pequeno desfile xa que viñan todos super- elegantes!! Hai que ver cánto glamoure e estilo teñen estes peques. Algúns máis tímidos e outros con máis soltura pero foi un rato moi divertido! Aí van unhas fotiños.



















Despois volvimos á aula e íamos buscar unhas panxoliñas no ordenador cando descubrimos un vídeo que alguén gardara no escritorio 😉 Estabamos desexando saber de quen era e a sorpresa foi MAIÚSCULA...


Só hai que mirar o atentos que estaban para facerse unha idea de cánto o desfrutaron



 

E como ben dí o Rei Mago deixou unha bolsa de chuches na aula asi que puxémonos a buscar por todos os lados ata atopar con ela!


Aquí quixen facer un motín e levarme a bolsa pero como vedes non houbo maneira 😂😂😂😂

   Como boa festa que se preste non podía faltar un bó almorzo navideño no que foi quitar a máscara para saborealos e ver os grandes sorrisos. Qué ben o estabamos pasando!






A continuación saimos cara o ximnasio co resto de compañeiros de ciclo para desfrutar das badalas e comer as nosas uvas.  Houbo moitos acabaron con elas, outros quedaron na primeira, a algún faltáballe uvas e buscaba máis dentro da bolsa...  pero todos coincidiron no aplauso final.
  


E a cousa non quedou aquí se non que tamén tivemos unha pequena carreira estilo San Silvestre...






E xa non quedaba tempo para nada, só ensinarvos as fotos coas bolsas cos seus traballos do trimestre.



















Unha última cousiña antes de que se me esqueza; na mochila ía a bolsa de tela que empregamos para gardar a mochila e a chaqueta mentras estamos en clase. Levárona para casa para lavar e algunha darlle uns cosidos. Á volta das vacacións (día 8) que a traian de volta para volver a facer uso dela. Graciñas!


E nada máis, só desexarvos que teñades unhas Felices Festas e que o Ano 2021 veña cargadiño de cousas boas, que ben o merecemos!!



















 













Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...