luns, 9 de novembro de 2020

    Pois hoxe na guarida secreta rosaliana estivemos de celebración xa que Xoel está de cumpleanos!!!

Aínda que sabemos que temos que cumplir con certas medidas anti-covid non podiamos deixar de festexalo e convertir a Xoel no protagonista do día.

Comezamos poñéndolle unha gran coroa e cantámoslle o "Cumpleaños Feliz" 


Soplou a vela do número 5 mentras os compañeiros/as esperaban na Asamblea


Logo púxose ben guapo para a foto co seu pedazo de tarta no que empregamos un xoguete da cocinita que, como é de plástico, resulta moi fácil desinfectalo.

Penso que a súa expresión di moito... Cómo lles gusta cumplir anos!!


Mentras o resto de compañeiros fixeron un gran círculo para que Xoel colocárase no centro e lle puideramos dicir cousas bonitas:
- estás moi guapo
- gústame xogar contido ás carreiras
- estou moi contenta de que estés sentado no meu equipo
- gústanme os teus tenis
- qué ben que xa non xogas ás peleas
- gústame que xa non chores...



E para rematar asinámoslle nunha tarxeta para que lle quede de recordo este curso; cada neno/a foi de un en un desinfectando as mans e, empregando o lápis e rotus do seu lapiceiro, escribiron o nome. 



Ahhhh!! xa se me esquecía!! e bailamos a canción de Uxía Lambona e a banda molona!







   

Xa vos imaxinaredes de por qué saen movidas as imaxes... 😂😂  

Como todo o que está sendo este curso, tamén tivemos que cambiar a maneira de celebrar os cumples pero tod@s desexamos que o disfrutaras moito na clase e que acabes ben o día, Xoel! 

  
 


Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...