sábado, 1 de maio de 2021

Mensaxe dende Burkina Faso

    Estabamos desexando compartir con todos vós esta actividade que levábamos tempo argallando e que nos último días fíxose realidade.

Como ben sabedes estamos inmersos nun proxecto (UBUNTU) no que coñecemos a diferentes personalidades que axudaron ou están a facelo, a que vivamos nun mundo mellor. Viaxando por África atopámonos con Yacouba Sawadogo, ou máis coñecido como "o home que parou o deserto"; xa desde o principio collímoslle un cariño especial (igual pola cantidade de veces que tivemos que repetir o seu nome para memorizalo) pero tamén porque del aprendimos que con pequenos accións podemos axudar a moita xente.

Se recordades na nova do xornal que elaboramos para o centro convertímonos nos seus axudantes para coidar o bosque que estaba creando e comprometímonos a dar a coñecer a técnica Zaï e publicitar a súa gran labor.

Foi neste momento no que o propio alumnado quixo mandarlle unha mensaxe a Yacouba para darlle as grazas por axudar á veciñanza a poder cultivar como o seu esforzo por frear a desertización, o problema xurdiu de que non sabiamos cómo facerllo chegar...

Pois aquí entra a importante colaboración dun gran equipo formado pola compañeira Teté, o seu amigo Christian Somda así como un amigo que fíxonos de traductor xa que Yacouba fala mooré, unha lingua empregada por unha escasa poboación en Burkina Faso. 

E por suposto ó alumnado da aula Pementeira que sumouse a esta iniciativa facéndoa todavía máis enriquecedora.

Déixovos que desfrutedes da mensaxe que lle enviamos

( Recoñezo que non puidemos deixar de vela unha e outra vez tanto pola emoción que nos transmitía como pensar na cara que se lles ía quedar se Yacouba nos respondía. E fíxoo!


   Mentras o visualizábamos íalles lendo o que poñía e comentábamos o que estabamos a ver, indicáballes que se fixaran nos detalles, na contorna, no forte que sopraba o aire, no distinto que era dos nosos bosques, recordamos a palmeira dactilera e aprendimos os seus usos medicinais, da ferramenta que usa para traballar... Son tantas e tantas cousas que nos aporta que só desexamos que tamén vós  o desfrutedes dende casa.





Pódovos asegurar que estaban super atentos ante a sorpresa e que ó finalizar romperon a aplaudir da emoción, a gritar o seu nome, a dar saltos de ledicia... Non teño fotos deste momento porque o estaba a desfrutar tanto como eles pero estou segura de que quedará gardado como un bonito recordo. 

Graciñas a Teté e a todos os que fixeron posible que a idea e ilusión do alumnado da Pementeira e da Guarida Secreta puidera facerse realidade.
 


8 comentarios:

  1. Eu o único que podo dicir é que foi unha das actividades máis emocionantes nas que particpei nunca. De verdade que nin se me pasara pola mente que unha mensaxe nosa poidera chegar a Burkina. Cando falei con Christian non esperaba que a cousa saira tan ben. Imaxinade a situación: coñezo a 1 burkinabe e non só sabe quen é Yacouba senón que sabe onde vive e el vai con certa frecuencia alí. Eu non paraba de rir mentres falaba con Christian e vía que había posibilidades de que a mensaxe lle chegase a Sawadogo. Foron días emocionantes e, despois, ver a cariña dos peques observando o vídeo, escoitando o que nos contaba... iso foi xenial. Dou fe, porque o vin cos meus propios ollos, que os nenos e nenas da Guarida Secreta estaban emocionados vendo o vídeo. Estou taaaan contenta!!! É unha marabilla traballar con profes e nenos e nenas así. Cánto aprendemos e disfrutamos xuntos!!!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que las más sorprendidas fuimos nosotras conforme fueron sucediendo las cosas y luego con el desenlace final ya... Quedará para el recuerdo seguro!!❤🥰❤

      Eliminar
  2. Levo tempo mirando a pantalla do móbil, porque non atopo palabras para describir tanta emoción.
    Moitas grazas !!! Grazas por os valores que estades inculcando os nosos fillos. Quedamos impresionados cando non foi necesario ler as traducións que se mostraban no vídeo.Icía,encargouse de ir dicindo as respostas que Yacouba Sawadogo lle iba dando a cada unha das preguntas.Ensinounos a pronunciar correctamente Yacouva Sawadogo, de que non deixásemos pasar desapercibido o ruído do vento...
    CANTO DISFRUTAMOS!!!
    Moi bo traballo en equipo.
    Parabens e mil grazas por facernos pasar momentos tan agradables

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ainss!! qué bonito ler estas cousas. Que nas familias tamén o desfrutedes xa fai o proxecto todavía máis enriquecedor🥰

      Eliminar
  3. Son tantas as emocions que sentimos a ver o vídeo e noa contando e explicando con tanta emocion que ya no me salen las palabras. E unha maravilla que pudieran participar en este proyecto. E moitas por facernos partícipes de este traballo.
    E un honor que os nenos poidan contar con unas profes tan especiales. Moitas gracias por facer latir o corazon con estes momentos tan bonitos.!!! Sois increíbles!!! Ya no quedan palabras para describir el momento que vivido gracias.😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Qué beeen!! Para nós é importante saber que desfrutades tanto coma nós. E que Noa vos transmitira toda esa emoción pois pouco máis podemos dicir 🥰🥰

      Eliminar
  4. Qué iniciativa más bonita!!! Para los niños es súper importante aprender e interiorizar todos estos valores desde pequeñitos y creo que han disfrutado muchísimo del proyecto! Mateo vino todo eufórico diciendo que Yacouba Sawadogo había contestado el mensaje del cole!!!
    Y, como dice Lidia, nos corrige siempre para que aprendamos a decir bien su nombre!!😂😂

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Eva! Me encanta saber que todas las emociones vividas en el aula también llegan a casa. Y además hasta corrigiendo la pronunciación y todo! jajaja

      Eliminar

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...