Coa chegada da primavera tamén fan aparición eses pequenos animais cos que pasamos un momento divirtindo observándoos e xogando con eles. Aquí os tendes " na busca do bicho"
E nesa fin de semana Mateo (coa axuda dos padriños según nos contou) capturou no xardín dos avós a unha "tijereta", un milpés e un bicho bola. Metéronos nun bote e os trouxo para ó cole.
Como son pequechiños empregamos a lupa para poder observalos mellor; nestas fotos o equipo azul están a coñecer á tijereta ou en galego, orella.
Vendo que estamos encantados con ter bichiños na clase pensamos na idea de construir un hotel para pequenos animais. Unha vez mercada a caixiña dirixímonos cara a horta para axeitala e facela o máis cómoda posible para os nosos hóspedes. Alí levamos unha sorpresa pois xa comezan a saír os nosos amorodos!
Temos a sensación de que o bicho bola está a desfrutar moito das nosas instalacións.
En canto o huéspede actual aprendimos que ten un montón de nomes divertidos: cochinita, marranita, chanchitos, bichos da humidade... posto que precisa destes lugares para poder respirar. Ten 14 patas asi que xa non é un insecto pero ó longo da súa vida muda de pel 4 veces, sendo cada vez máis escura así que a nosa debe ser xa adulta. O que máis nos gusta del é que convértese nunha bola cando ten medo ou quere protexerse e que ademáis mantén limpa a terra.
E hoxe tivemos a sorte de que os nenos/as do Paseo do Espolón e a profe María atoparon unha abella morta no patio e compartírona con nós para que a puideramos observar con máis detalle. Moitas grazas!
Son uns superheroes e superheroinas que encántalles coidar ó noso Planeta!!
Desfrutade da ponte e se nalgún paseo atopades algún bechiño para traer ó cole para que aprendemos deles nós encantados de que pasen uns días no noso hotelito!!
Vémonos o luns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario