Como vimos na entrada anterior cada neno/a recomendounos un libro para estas datas e hoxe fixemos un traballo escrito de cada un; nel tiñan que escribir o título e escoller unha lámina do conto ou a súa portada para debuxala.
Para rematar a semana pasada participamos nunha proposta do Equipo de Biblioteca na que tiñamos que recomendar un conto ó resto de compañeiros do cole. O problema veu cando non sabiamos qué conto escoller xa que gústanos todos... asi que non quedou máis remedio que facer votacións; cada un tiña que pensar no que máis lle gustara peeeero non podía decirllo ós demáis, sería un segredo e así todos poderían dar a súa propia opinión sen estar condicionados polo resto. Unha vez pensado a mestra os ía chamando para dar o seu voto ó oído sen que os demáis escoitaran. O escrutinio estivo algo reñido entre 2 ou 3 pero ó final o gañador foi... "Tanga y el gran leopardo".
Asi que elaboramos este vídeo para compartir dende o blogue da Biblio; alí veredes moitas máis recomendacións de distintas aulas. A nosa déixovola tamén aquí para que a desfrutedes.
!!!! Que bonito vos quedaron os traballos!!! 🤩🤩🤩🤩Encantame o vídeo quedou genial 👏👏👏👏
ResponderEliminarUnha vez máis moitas grazas María! O certo é que son uns artistas e cada día dan grandes pasos. Estanse facendo maiores e iso nótase! 🥰
Eliminar