luns, 10 de maio de 2021

Aniversario de Triana e novos hóspedes

       Este mes de maio ten máis celebracións de aniversarios que o pasado e hoxe tocounos festexar un deles... o de Triana!!                                       

                                        

Como ben sendo habitual nestas celebracións cantámoslle, apagou a candea...  

                                              

e recibiu moitos agasallos fermosos dos seus compañeiros/as:

                                       

- Gústame cómo te esforzas as facer os traballos

- Eres moi boa compañeira e axúdanos. Quérote moito

- Gústame a túa coroa

- Fas moi ben os traballos e pórtaste moi ben

- Eres moi boa amiga e gústame xogar contigo no patio

- Quero que saibas que traballas moi ben, que falas sen berrar e quero dicirche que sigas así 

- Gústame porque esfórzaste moito e eres boa compañeira.

- Eres moi guapa...

                                   

E para rematar escolleu a canción de "Cumpleanos Feliz" de Parchís!  Como veredes no principio da canción parecen estáticos pero asi que comeza o ritmo rápido...


Dende a Guarida Secreta desexamos que desfrutaras do teu día no cole e o seguiras facendo na casa con esas ricas galletas da tía! 

                                

                                

    

           Por outra banda temos que dicir que nesta finde viñeron moitos hóspedes para o noso hotel, coido que temos overbooking! Pero temos solucións para casi todo asi que puxemos os máis grandes no hotel e os máis pequenos (que poden sair polo buratiño da "tijereta") en apartamentos adosados.

Graciñas por traelos familias!

Hugo trouxo do xardín da casa un caracol, unha miñoca, arañas e algún bicho bola (coido que hai algún máis pero agora non me lembro ben) 

                                     

                                     

   Noa (coa axuda de mami para que non lle picaran as arañas) tamén invitou a un par de escarabellos e tróuxonos un panel informativo do seu irmán no que podemos ver mellor ao bicherio.

                              

                              

  E para finalizar, os grilos de Ainara! que cazaron os seus avós facéndolle cóxegas e que, según nos informaron, son moi cantaríns pero non lles gusta nada o ruído!   

                                       




Asi que durante estos días coñeceremos cousas interesantes sobre estos compañeiros ao mesmo tempo que continúa a nosa viaxe por China.





















































7 comentarios:

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...