martes, 17 de novembro de 2020

Aniversario de Flavio

 Hoxe na aula tivemos celebración xa que Flavio xa ten un ano máis e chegou aos 5!!! Parabéns Flavio!! 

Como non, o celebramos na aula da mellor maneira posible;

1º.- Poñendo a coroa e cantándolle Cumpleanos Feeeelizz...

 
2º Posando para a foto con cara de ledicia e logo soplando a vela









3º- Fixemos o círculo para dicirlle a Flavio todas esas cousas bonitas que nos gustan de él, lóxicamente logo de decirllas sentíase moi orgulloso e comentou que lle gustaba escoitalas:
- estás moi guapo
- eres muy bueno con 5 años
- te portas muy bien
- estoy feliz de que sea tu cumple porque eres mi mejor amigo
- me gusta jugar contigo a las carreras, a los superhéroes, a rayo macqueen, al zapatito inglés en el patio, a la patrulla canina... (e que dende que os xogos de pelexar están prohibidas no cole os patios dan para moitos xogos)






4º E como non, bailamos un pouco cunha canción clásica pero que segue tendo moito éxito...



https://youtu.be/tznBgIGSi98






E  xa por último asinamos na tarxeta que lle quedará como recordo deste curso.




Desexamos que tiveras unha boa celebración tanto no cole como coa familia!!🎈🎉



luns, 16 de novembro de 2020

Qué fixen na fin de semana?

    Todos os luns realizamos o mesmo traballo convertíndoa xa nunha rutina. Así cando leven os traballos para casa veredes mellor cánto evolucionaron dunha semana á seguinte.

Esta tarefa consiste en recordar o que máis lles gustou da fin de semana; así mentras seguimos aprendendo os días da semana tamén afianzamos a motricidade, a creatividade co debuxo libre, a organización do espazo no papel xa que hai unha zona delimitada para o nome, outro para a data, o debuxo... e inícianse na lectoescritura escribindo unha frase describindo o que debuxaron. Esta última parte moitos son que se quedan observando todos atentos mentras eu lles escribo as palabras e voulles dicindo en voz alta o seu son; e algúns compañeiros/as de 5 anos xa se animan a escribir eles soiños con cada vez menos apoio.

A verdade é que nótanse moito os cambios e o moito que están aprendendo; os traballos van sendo máis claros, o esquema corporal inclúenlle elementos pequenos como dedos, pupila, cellas... en fin, que os debuxos están moi elaborados e cheos de detalles! Mirade que traballiños fixeron hoxe e que orgullosos estaban posando con eles...

(Ir de compras)

(Estar en el hotel)

(Jugué con Leo, Mauro y con otro niño)

(jugué al fútbol con papá)

(Compré chuches con mis amigos)

(Fui en bici con mi hermano y mi padre)

(Jugué con el abuelo al baloncesto)

("Xogar yo solo")

(Jugué con Xoel y Flavio a la pelota de futbolista)

(Xoguei á plastilina)

(Salí por la noche con mi hermano)

(jugué con Carmen en casa de la abuela)

(Ví dibujos en el teléfono de mi hermano)

(Dormí en casa de la abuela)

(Fui a comprar plantas con mami)

(Xoguei con Lucía ás pompas)

(Comí con Samuel)

(Vió la televisión y jugó en casa)

(Jugué con mi madre a las pompas en casa de la bis)


     

venres, 13 de novembro de 2020

Os venres de Música e Psicomotricidade


Durante a xornada dos venres temos o apoio de Paula na clase así que hoxe imos explicarvos un pouquiño qué é o que facemos. A segunda hora teñen Música na que practican o ritmo, identifican sons, instrumentos, silencio/ruído... e aprenden moitas cancións como esta titulada "La sopa"...


E despois do patio tamén teñen Psicomotricidade. Durante esta sesión facemos un desdobre como facemos en Ioga; uns equipos van con Paula mentras outros quedan conmigo na aula realizando tarefas escritas. E  logo intercambiamos para que todos poidan desfrutar das mesmas actividades no mesmo día. 

Nesta ocasión traballaron a coordinación e o equilibrio ademáis, de como se pode escoitar no vídeo, de animar e motivar aos compañeiros. Así nos gusta superheroes e superheroinas!!




















Xa por último, o alumnado que asiste a Valores coa compañeira Paula están a traballar as emocións a través do conto "El monstruo de colores" co que elaboraron estes paneis tan bonitos.








 

luns, 9 de novembro de 2020

    Pois hoxe na guarida secreta rosaliana estivemos de celebración xa que Xoel está de cumpleanos!!!

Aínda que sabemos que temos que cumplir con certas medidas anti-covid non podiamos deixar de festexalo e convertir a Xoel no protagonista do día.

Comezamos poñéndolle unha gran coroa e cantámoslle o "Cumpleaños Feliz" 


Soplou a vela do número 5 mentras os compañeiros/as esperaban na Asamblea


Logo púxose ben guapo para a foto co seu pedazo de tarta no que empregamos un xoguete da cocinita que, como é de plástico, resulta moi fácil desinfectalo.

Penso que a súa expresión di moito... Cómo lles gusta cumplir anos!!


Mentras o resto de compañeiros fixeron un gran círculo para que Xoel colocárase no centro e lle puideramos dicir cousas bonitas:
- estás moi guapo
- gústame xogar contido ás carreiras
- estou moi contenta de que estés sentado no meu equipo
- gústanme os teus tenis
- qué ben que xa non xogas ás peleas
- gústame que xa non chores...



E para rematar asinámoslle nunha tarxeta para que lle quede de recordo este curso; cada neno/a foi de un en un desinfectando as mans e, empregando o lápis e rotus do seu lapiceiro, escribiron o nome. 



Ahhhh!! xa se me esquecía!! e bailamos a canción de Uxía Lambona e a banda molona!







   

Xa vos imaxinaredes de por qué saen movidas as imaxes... 😂😂  

Como todo o que está sendo este curso, tamén tivemos que cambiar a maneira de celebrar os cumples pero tod@s desexamos que o disfrutaras moito na clase e que acabes ben o día, Xoel! 

  
 


Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...