Durante a xornada dos venres temos o apoio de Paula na clase así que hoxe imos explicarvos un pouquiño qué é o que facemos. A segunda hora teñen Música na que practican o ritmo, identifican sons, instrumentos, silencio/ruído... e aprenden moitas cancións como esta titulada "La sopa"...
E despois do patio tamén teñen Psicomotricidade. Durante esta sesión facemos un desdobre como facemos en Ioga; uns equipos van con Paula mentras outros quedan conmigo na aula realizando tarefas escritas. E logo intercambiamos para que todos poidan desfrutar das mesmas actividades no mesmo día.
Nesta ocasión traballaron a coordinación e o equilibrio ademáis, de como se pode escoitar no vídeo, de animar e motivar aos compañeiros. Así nos gusta superheroes e superheroinas!!
Xa por último, o alumnado que asiste a Valores coa compañeira Paula están a traballar as emocións a través do conto "El monstruo de colores" co que elaboraron estes paneis tan bonitos.
Como nos gusta ver os vídeos🤗. Moitas gracias por compartilo con nos.
ResponderEliminarQue mural mais bonito 👏👏👏
Nos videos vese mellor todo o que están facendo e máis en temas como a música ou facer exercicio. Que ben que vos guste e o disfrutedes na casa!😍
Eliminar