Todos os luns realizamos o mesmo traballo convertíndoa xa nunha rutina. Así cando leven os traballos para casa veredes mellor cánto evolucionaron dunha semana á seguinte.
Esta tarefa consiste en recordar o que máis lles gustou da fin de semana; así mentras seguimos aprendendo os días da semana tamén afianzamos a motricidade, a creatividade co debuxo libre, a organización do espazo no papel xa que hai unha zona delimitada para o nome, outro para a data, o debuxo... e inícianse na lectoescritura escribindo unha frase describindo o que debuxaron. Esta última parte moitos son que se quedan observando todos atentos mentras eu lles escribo as palabras e voulles dicindo en voz alta o seu son; e algúns compañeiros/as de 5 anos xa se animan a escribir eles soiños con cada vez menos apoio.
A verdade é que nótanse moito os cambios e o moito que están aprendendo; os traballos van sendo máis claros, o esquema corporal inclúenlle elementos pequenos como dedos, pupila, cellas... en fin, que os debuxos están moi elaborados e cheos de detalles! Mirade que traballiños fixeron hoxe e que orgullosos estaban posando con eles...
Se me cae la baba con cada publicación que pones. Mil gracias por conseguir lo mejor de nuestros peques.
ResponderEliminar😂😊 pues tendremos que solucionarlo con un buen babero jajjaja. Me encanta que valoréis todos sus pequeños logros y gracias e ell@s por darnos lecciones todos los días.
EliminarEstán hechos unos artistas y con que ilusion muestran sus obras.
ResponderEliminarY tanto!! Da gusto ver cómo se esfuerzan y sus caras de satisfacción al finalizar los trabajos.
Eliminar