Xa que estamos comezando a coñecer terras africanas non podiamos desperdiciar a ocasión de coñecer máis a fondo as máscaras e para qué as empregan.
Comezamos primeiro falando dos materiais que usan para elaboralas e tamén cómo fan para decoralas e pintalas.
Observamos algunhas na pantalla e identificamos distintas formas xeométricas: círculos, cadrados, rectángulos, triángulos, rombos, óvalos... e descubrimos que conseguimos atopar unha manchea delas!
E claro... cómo resistirse a diseñar as nosas propias máscaras africanas: observar, imitar, diseñar, pintar, manupilar formas para recoñecelas mellor, pegar, coser...
Así de decorado quedou o corredor que rodea á aula
Agora só queda saber quen se atopa detrás delas... É un reto difícil familias asi que sorte!
Pero resulta que en África non só empregan máscaras se non que tamén pintan a cara...
E claro, outra vez non podiamos deixar pasar esta ocasión de imitar as súas maquillaxes asi que... mans á obra e a empregar a técnica do punteo pero con bastoncillos afinando así a nosa motricidade fina e creatividade.
Este é o noso corcho da aula preparado cun aspecto máis "Carnavalesco"; estamos aproveitando para coñecer costumes e tradicións das tribus, das que estamos seguros de que aprenderemos moito, moito.
O mesmo que lle dixemos a Icía, chulísimas, que máscaras tan ben feitas con cores tan alegres,gústannos moito moito,como dixo Icía quedaronnos xeniais, porque somos uns artistas, e ten toda a razón.
ResponderEliminarGústanos moito o entroido, este ano é un entroido diferente pero estamos a pasalo moi ben con todos os preparativos,pola mañá espertamos cheos de ilusión por poñer cousas distintas, moitas grazas porque tanto eles como nós estamos desconectando moito esta semana 🎭
Pois iso é o importante; está sendo todo moi diferente pero seguro que cando todo remate festexaremos todo con máis ilusión, incluso os pequenos momentos. Aínda así non podemos desanimarnos e darlle o toque festivo a determinadas datas. E por suposto, son uns artistas!! 👏👏
EliminarQue súper máscaras tan coloridas!!!
ResponderEliminarNoa se le levanta súper contenta coa ilusion de haber que toca.
Gracias por estés días de ilusión y alegría a pensar das circunstancias. 😘😘😘 a todos os artistas que nos están demostrando una fuerza y alegría increíblemente.
A min encántamen estas datas pero sí é certo que este ano é todo moi comedido pero aínda que chegues algo desanimada a clase eles contaxian coa súa alegría e ganas de celebralo. Pasámolo todos de marabilla.😘😘
Eliminar