O venres celebramos na aula o aniversario de Mauro que xa cumpliu 5!! É o único que temos no mes de febreiro asi que estaba moi contento e desexando celebralo tanto, tanto que xa o luns foi o primeiro que me comentou ao entrar na aula jajajaja.
Hai que ver cómo lles gusta cumplir anos e sentirse máis maiores!!
Igual que como vimos facendo durante o curso luciu coroa, cantámoslle o cumpleanos feliz, soplou a vela e fixemos a roda das cousas bonitas no que recibiu dos seus compañeiros agasallos como estes:
- divírtome moito contigo
- gústame a túa coroa
- xogo moito contigo no patio
- fas mellor as fichas
-eres moi guapo
- gústanme os teus zapatos, pantalón, coroa e xogar contigo
- sabes moitas cousas sobre animais...
E lóxicamente, Mmauro non podía estar máis contento e nalgún momento ata algo ruborizado 😊Para rematar escolleu a canción de Cumpleaños Feliz de Parchís asi que todos a bailar!!
Por suposto todos os compañeiros asinaron na súa tarxeta para que lle quede de recordoParabéns Mauro!!!
Tamén quería comentarvos sobre o Entroido; dende o Centro anunciouse o cartaz cos Mandas do Meco que comparto no blogue por se non o víchedes.
Como vedes comezaremos a cumplilos o martes e son acumulativos polo que o do martes tamén o traeremos posto o mércores e así... O venres o disfraz este curso é libre pero animarvos a relacionalo co proxecto deste curso e con todo o que estamos a tratar estes meses na aula: indios, inuits, animais destes continentes, personalidades importantes que coñecimos como Marie Curie, Neill Amstrong...e como non superheroes e superheroinas cos que lle podedes tunealos e que batallen contra o virus, a contaminación (como Amka Aliyak)...
Estas son algunhas ideas pero como dixen tamén poden vir disfrazados do que queiran, iso si, sen complementos para evitar que os compartan e con pouca maquillaxe para ter a máscara posta.
Como sempre, o importante é pasar unha semana divertida e un venres de Entroido distinto como todo o que está a ser este curso.
Calqueira dúbida preguntádeme sen problema!
Parabens Mauro!!! espero que pasaras un felíz día de aniversario. Unha aperta dende o Paseo do Espolón da profe María e de todos os teus amig@s e compañeir@s.
ResponderEliminarGraciñas María e nenos e nenas do Paseo do Espolón! ♥
EliminarFelicidades Mauro!!!! Que bonita a coroa. Menuda Festa. 😘😘😘😘
ResponderEliminarCoido que somos moi festeiros e con calquera acontecemento dámolo todo! 😂
Eliminar🎊🎉🎉🎉Parabéns Mauro!!!🎊🎉🎊🎉🎊
ResponderEliminar♥
EliminarFelicidades Mauro!!!!! 🎂🥳🥳🥳🥳🥳
ResponderEliminar