Seguimos co mes de xaneiro onde tamén Aarón cumple un ano máis e xa van 5! Xa levaba meses presumindo de que xa os cumplira pero como sempre lle diciamos que non, que aínda lle faltaban tempo pois o venres foi o primeiro que dixo cando me veu: "Agora sí que xa teño 5!!"
Estabao desexando asi que púxose a coroa, cantámoslle cumpleanos feliz e soplou a vela.
Logo escoitou todo contento aos seus compañeiros dicindo que era moi guapo, que lle gustaba a súa coroa e que lle quedaba moi ben, que era moi simpática e divertido e triunfou o seu mandilón do astronauta que nos fixo recordar a Neill Amstrong, ou os planetas que repasamos cos días da semana, o foguete... Todo fíxoselle sentir moi ben e estaba super atento o que lle contaban para non perder
detalle.
E non é para menos xa que ten moita enerxía esta Luli!!
Pero ao longo desta semana deu tempo tamén para continuar a nosa viaxe de coñecer distintas culturas do mundo. A finais do trimestre pasado os superheroes e superheroinas viaxamos ata moi preto do Polo Norte (Groenlandia, Canadá e Alaska) para coñecer ós inuits, e como non dou tempo a aprender moitas cousas sobre eles seguiremos estos días aprendendo a súa forma de vida, a qué se adican, o seu aspecto físico...
Pero tamén outras aprendizaxes que deixamos constancia escrita para que non se nos esquezan.
Ao longo destes días iremos colgando no blogue para que tamén vós sexades partícipes.
E como estamos coñecendo terras xeadas e co frío que vai estos días, falamos das folerpiñas de neve, que aínda que nos parecen que a súa forma é redonda se empregamos un microspocopio, descubriremos que a súa forma é hexagonal.
Xa por último, darlle a Noraboa a Noa polo seu premio por participar no reto do Nadal da Biblioteca e que lle entregou a mestra María!
👏👏
E que o venres levaron na mochila a revista "Novas de Infantil" co resumo do que foi o primeiro trimestre; todas desexamos que vos gustara e que desfrutáredes del tanto coma nós.
Ata aquí a entrada de hoxe... ao longo da semana máis!
Moitas felicidades AAron.!!!!
ResponderEliminarQue centrados y emocionados se les ve pintando los copos de nieve.
La revista esta genial muchas gracias por todo lo que hacéis a pesar de las circunstancias. A💪💪💪
Segundo trimestre. 😘😘😘
Gracias María! Nos alegra que os gustara puesto que el curso está siendo distinto a otros y se intenta, dentro de lo que se pueda, pues seguir haciendo lo mismo que otros cursos. Además es una bonita idea el guardarlo y poder verlo dentro de unos años. 😘🥰
EliminarFelíz aniversario Aarón!!!🥳 Espero que disfrutarás no día do teu aniversario!!!
ResponderEliminarAlégrome de todo o que están aprendendo os nenos e nenas da Guarida Secreta. Unha aperta moi grande😘😘
Gracias María!♥
Eliminar🎉🎊🎉🎊Parabéns Aarón🎉🎊🎉🎊
ResponderEliminarMoitas grazas por a revista, gustounos un montón 🤗
Qué ben Lidia! C´nato nos alegra de que vos gustara; seguro que Icía xa a mirou unha cuantas veces...🥰♥
Eliminar