Onte celebramos o aniversario de Clara xa que durante a fin de semana cumpliu 1 aniño máis e xa son 5!!
Estaba moi emocionada e desexando poñerse a coroa que a luciría durante toda a xornada. ´
Despois de cantarlle o "Cumpleanos feliz" soplou a vela
E por suposto non podía faltar o noso círculo das cousas bonitas na que lle dixeron:
- Eres moi guapa
- Gústanme as túas botas de indio
- Comes moi ben a mandarina
- Tes o pelo bonito
- Eres divertida
- Gústame a túa coroa...
Como é lóxico nestas idades, eles fíxanse máis en aspectos externos pero neste trimestre insistiremos en que digan cousas que fan ben, da súa forma de ser, de se axudan e colaboran cos compañeiros/as etc e faciliten a convivencia e o traballo en equipo. Posiblemente nalgunha ocasión dirán tamén algo negativo pero iso forma parte tamén da aprendizaxe porque sabendo o que facemos mal axúdanos a esforzarnos e querer cambialo.
Por suposto, a Clara encantoulle ser a protagonista e escoitar todo o que lle dixeron.
Para finalizar escolleu a canción de Parchís para botar unhas bailas cos compañeiros de clase e todos lle asinaron na súa tarxeta de parabéns, quedándolle así de recordo deste curso.
Moitas felicidades Clara
ResponderEliminarEstas guapísima con esa super Coroa. 😘😘😘😘
🎊🎉🎉🎉Parabéns Clara!!!🎊🎉🎉🎉
ResponderEliminarFelicidades preciosa
ResponderEliminarBicos
🎈🎈Parabens Clara🎂!!! Alégrome de que tiveras un aniversario xenial. Felices 5 aniños guapa!!!😘🥰
ResponderEliminar