Levamos unha semana cos preparativos de elaborar as portadas dos traballos do trimestre máis as bolsas para poder meter todo e levalo para casa cando soubemos que un coello baixaría ata o cole para traernos uns oviños de chocolate. Houbo algún/ha que non o cría asi que decidimos investigar e buscar algunha pista. Cal foi a nosa sorpresa cando onte atopamos no patio unha foto súa e máis tarde restos de pelos asi que non había dúbidas de que o coello de Pascua andaba preto.
venres, 26 de marzo de 2021
Pascua 🐰🐰
Asi que hoxe estaban super nerviosos desexando que chegara o momento de sair ó patio a ver se deixara os doces ou non... Polas imaxes diría que si!
Asi que xuntamos todos os que atopamos no colo da profe Alba
E decidimos contalos para facer o reparto igual para todos.
Algúns quixeron gardalos na bolsa para levalos a casa pero outras (profes incluídas) non puidemos resistirnos...
Cando chegamos de volta á aula non facían máis que cotillear para ver volvía a pasarse e así poder velo.
Foi un día "completiño" no que puidemos disfrutar da nosa merenda de Pic-nic
E na que posamos todos orgullosos/as coas nosas bolsas
E as portadas...
E aquí damos por rematado este trimestre!
Vémos á volta!!
luns, 22 de marzo de 2021
Semana da Prensa
Son tantas cousas que facemos que quedáranos por compartir con todos vós o traballado durante a Semana da Prensa.
Como coincidía moi preto da conmemoración do 8M fixemos unha proposta conxunta dende o Centro; para esta celebración escolleuse unha canción do grupo Tanxugueiras titulada "Que non mo neguen".
Aquí a tendes por se queredes escoitala
Asi que todos xuntos na Asemblea falamos sobre este grupo formado por Aída e as xemelgas Olaia e Sabela, e comezamos a pensar en preguntas que lle poderiamos facer se tivesemos a ocasión de entrevistalas. Logo seleccionamos as que máis nos gustaron e pasámosllas ao Equipo de Dinamización.
Destas interesantes preguntas seleccionaron dúas asi que escollimos a dous representantes da aula para convertirse en xornalistas.
Só quédanos esperar a que respondan a todas as nosas preguntas!
Outra actividade foi inventar unha nova sobre a cooperación para, entre todo o cole, formar un xornal.
Como estabamos por África e gustounos tanto a labor que estaba a facer Yacouba decidimos botarlle imaxinación e creatividade para diseñar a nosa noticia.
xoves, 18 de marzo de 2021
Os masais e experimento
Durante as nosas andainas por terras da sabana coñecimos as súas características como a vexetación (acacia, baobad e arbustos) e algún animal novo para nós como o dik-dik, o kudú, o xabarín verrugoso ou o caracal, engadimos así vocabulario novo e descubrimos novos mundos. Para que non se nos esquezan diseñamos na aula unha nova caixa de ecosistema que acompañará o que xa tiñamos do Sáhara. Así poderemos xogar con eles ao mesmo tempo que recordamos os nomes e recordamos cómo se escriben.
Pero tamén descubrimos unha nova tribu: os masais
O que máis nos chamou a atención deles foron os bailes dando saltos a ver cal o facía máis alto e os preciosos colares que empregan as mulleres e que elaboran coas súas propias mans.
Ademáis descubrimos que as cores que empregan van asociados a distintas conceptos:
- vermello: valentía
- branco: paz e saúde
- azul: enerxía, ceo e auga
- laranxa e amarelo: hospitalidade, amabilidade
- verde: á natureza
e o negro que representa ó seu continente, África
Fixemos hipóteses do que podería pasar (vanse desfacer, saltarán por toda a clase, vanse poñer duros, parecerá como unha sopa... ¿?
Aquí un video con Mateo que reflexa a sorpresa que levaron...
Logo botámoslle colorante para darlle máis colorido e poder ver mellor os fideos.
Deixamos aquí os pasos escritos por se vos animades a facelo na casa.
martes, 16 de marzo de 2021
Aniversario de Noa
Na Guarida Secreda hoxe tivemos celebración do cumple de Noa e non podía estar máis
contenta por ter xa os 5 anos!
Como ven sendo habitual este curso pois cantámoslle o "Cumpreanos Feliz" e soplou a candea para logo posar co mellor dos sorrisos.
Entre todos fixemos a "Roda dos Agasallos" para dicirlle todo aquelo que nos gusta dela:
- Eres moi bonitiña
- Gústanme os mandilóns que tes
- Pásoo moi ben contigo no patio
- Gústame xogar contigo e que sexas a miña amiga
- Fas moi ben os traballos
- Tes unha medias azuis moi chulas...
E como colofón final Noa escolleu a canción de "Cumpleanos Feliz" da marchosa de Luli Pampín!!



Ademáis hoxe remataba a cuarentena do agasallo que trouxo Icía para a clase; estabamos desexando abrilo e descubrir de que se trataba! E qué menuda sorpresa!!! Un conto sobre África e todo o que estamos aprender estos días no cole: a sabana.
Polo medio das páxinas van aparecendo botóns co son do animal que vai aparecendo na lectura e o que o fai moito máis interesante e motivador; o certo é que nas primeiras páxinas non nos funcionaba pero axiña improvisamos e decidimos que cando a mestra tocara o botón, eles farían o son... Todo ía estupendamente ata que apareceu o león e eles tanto ruxiron e ruxiron que nese momento o conto comezou a funcionar... como algunha nena dixo: "ao mellor asustouse e por iso agora funciona" 😂😂😂
Fora o que fora o conto encantounos e o gardaremos na Biblioteca de Aula para seguir disfrutando del. Moítisimas grazas Icía!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Último día de cole
O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...

-
Este martes celebramos xa o fin de curso! Imos preparar as bolsas cos traballiños, coas notas, desfrutaremos da revista do trimestre, po...
-
O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...
-
A entrada de hoxe vai adicada a actividades que realizan coa profe Paula, tanto en Psicomotricidade como en Educación Musical. Aquí poded...